Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-03-07

Cine con Fondo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, arredor da data na que 140 mozas morrían no incendio dunha fábrica de camisas en New York no ano 1911. 'Unha promesa é unha promesa: acabemos coa violencia contra a muller' é o lema escollido nesta ocasión polas Nacións Unidas, co fin de reforzar o compromiso da comunidade internacional.

En todo o mundo, ata o 50% das agresións sexuais se cometen contra nenas menores de 16 anos, 603 millóns de donas viven en países onde a violencia machista non se considera un delito, ata o 70% das mulleres aseguran ter sufrido unha experiencia física ou sexual violenta, e máis de 60 millóns de nenas casan antes dos 18 anos. Detrás de cada cifra, hai unha historia e unha vida.

As administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade únense á loita con diversas actividades arredor do 8 de marzo. Os Concellos de Tomiño, Nigrán, Sandiás e Valga están a desenvolver ao longo deste mes Ciclos de Cine con Fondo que inclúen proxeccións e debates para reflexionar sobre as desigualdades de xénero ou o papel das donas do Sur como motor do cambio.

Cine con Fondo para conmemorar o Día Internacional das Mulleres