Aviso:

[Pechar}


Baiona 2013-10-03

Comezan os obradoiros de compra pública ética e consumo responsable impartidos por Amarante

San Sadurniño, Monforte, Poio, Carballo, Laxe, Culleredo, Pontedeume, Verín, Teo e Tomiño son os concellos onde se desenvolverá esta nova actividade.

Amarante impartiu en San Sadurniño o primeiro obradoiro.Os obradoiros de compra pública ética e consumo responsable promovidos polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartidos pola ONGD Amarante Setem deron comezo esta semana no Concello de San Sadurniño. Durante os próximos meses, esta nova actividade desenvolverase tamén nos municipios de Monforte, Poio, Carballo, Laxe, Culleredo, Pontedeume, Verín, Teo e Tomiño.

Cinco técnicas e técnicos municipais, mais media ducia de políticas e políticos entre os que se atopaban o alcalde de San Sadurniño e mesmo concelleiros de Cariño ou Moeche, asistiron ao obradoiro sobre compra pública responsable. Tratábase neste encontro de concienciar sobre a implementación na administración local de políticas de contratación acordes cos valores de xustiza social e ambiental. As e os participantes salientaron o seu alto grao de satisfacción coa actividade e especialmente a tormenta de ideas final.

Alumnado da ESO na charla de consumo responsable.Doutra banda, na charla-obradoiro de consumo responsable dirixida ao alumnado participaron tres mestras e 32 estudantes de 1º de ESO, que reflexionaron así sobre as características e as consecuencias do modelo de consumo predominante na sociedade actual. A proposta complétase coa exposición de Amarante ‘Non te consumas’, que permanecerá instalada no CPI de San Sadurniño ata o 15 de outubro.