Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-10-15

Concellos do Fondo Galego súmanse ao Día contra a Pobreza con exposicións de ONGD

En colaboración coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, facilítase a realización de actividades nas administracións socias.

Con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora o 17 de outubro, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade colabora coa Coordinadora Galega de ONGD para facilitar a implementación de actividades das organizacións non gobernamentais nos concellos socios. Exposicións sobre comercio xusto, soberanía alimentaria, igualdade de xénero, dereito á educación ou dereito á auga amósanse ata finais de mes nas seguintes vilas:

  • A Laracha: 'As mulleres, o futuro dun continente', de Axuda en Acción, no Edificio de servizos múltiples.
  • Burela: 'A escola, camiño de futuro', de Educo, CEIP Vista Alegre e IES Monte Castelo.
  • Pontecesures: 'Os rostros do comercio xusto', de Agareso e Amarante, na Biblioteca.
  • Rianxo: 'Auga con Fronteiras', de Enxeñería sen Fronteiras, no Auditorio.
  • Rodeiro: 'As mulleres alimentan o mundo',  de Panxea, no Centro cultural Manuel Lamazares.
  • Valga: '100% Attawassoul' de Amarante e Agareso, no IES de Valga.


Exposición de Agareso e Amarante en Pontecesures.Outras administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego súmanse este mes á conmemoración do Día contra a Pobreza acollendo as propostas habituais da entidade para concienciar sobre as desigualdades e promover a loita por un mundo máis xusto, que van desde os contacontos e exposicións ata os obradoiros e as aulas maxistrais de fotografía social. Os horarios e emprazamentos poden consultarse na axenda do web.

O Fondo Galego participa ademais na difusión das propostas da campaña Impórtanos!, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade de Vigo, que xunto coa Coordinadora está a impulsar accións de concienciación e denuncia baixo o lema 'Maniféstate contra a riqueza que empobrece!', no marco da iniciativa Pobreza Cero.