Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-07-22

Conclúen os proxectos do Fondo Galego para construír vivendas en Nicaragua e Cabo Verde

- Os Concellos de Vigo, A Coruña e Pontevedra, socios da entidade, cofinanciaron as actuacións para mellorar as condicións de vida de 32 familias empobrecidas

- As mulleres e a poboación indíxena foron as principais destinatarias destas iniciativas coas que minguarán as enfermidades e mellorará a economía local

A casa de Cristina María Cándida xa está rehabilitada grazas á colaboración coa Cámara do Paul.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de pechar o proceso de xustificación dos proxectos iniciados en 2011 para mellorar as condicións de habitabilidade en vilas de Nicaragua e Cabo Verde.

No arquipélago africano, a entidade colaborou coa Cámara Municipal de Paúl para rehabilitar vivendas na localidade de Lombo Comprido. Emprendéronse obras coma a construción de baños e cociñas, reparación de fachadas, drenaxe de augas, empedrado das rúas e recuperación de espazos verdes, amais dunha campaña de sensibilización ambiental. Aínda que nun principio estaba concibido para beneficiar a 17 familias extremadamente pobres, case a metade encabezadas por mulleres, finalmente o proxecto puido ampliarse a 21 casas, catro delas erguidas de raíz.

A través do Fondo Galego, que destinou 2.000 euros este proxecto, o Concello da Coruña achegou 20.000 euros, o de Vigo 15.000 e o de Pontevedra 11.000 euros. A iniciativa mellorará cuestións como a incidencia das enfermidades e a situación das mulleres, que terán máis intimidade e mesmo poderán emprender pequenos negocios. A actuación encádrase no Plan Municipal de Igualdade e Equidade de Xénero que tamén fora apoiado polo Fondo.

A familia de Belkys Elisabeth foi unha das beneficiarias do proxecto en Nicaragua.Doutra banda, en Nicaragua actuouse en parcería co Instituto de Promoción Humana (Inprhu-Somoto) para contribuír ao seu proceso de desenvolvemento local coa construción de once vivendas. A poboación rural chorotega de San José de Palmira, na municipalidade de Totogalpa, foi a beneficiaria desta actuación cofinanciada polo Fondo Galego con 6.190 euros e polo Concello de Vigo, socio da entidade, con 52.000 euros.

Instaláronse latrinas, cociñas melloradas, paneis solares ou sistemas de captación de auga da chuvia, pero tamén se fomentaron novos hábitos hixiénico-sanitarios para reducir doenzas coma o Mal de Chagas. Ao tempo, formouse as veciñas e veciños en autoconstrución e agricultura orgánica. Este tipo de actuacións tamén desincentivan a emigración e fortalecen a organización das comunidades, á vez que se dinamiza a economía local coa compra de materiais.