Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Ames 2019-06-05

Contar con vilas inclusivas e sustentables é posible

O proxecto con ACPP en Guinea-Bissau facilitoulle o acceso á auga aos 1.824 habitantes de Carantaba.Os municipios, ao igual que os Estados, as comunidades autónomas e cada persoa no seu día a día, temos un papel fundamental no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Estas 17 metas fixadas por Nacións Unidas para rematar coa pobreza, reducir a desigualdade e protexer o planeta configuran a denominada Axenda 2030, ano no que deberían darse por acadadas. No Día Mundial do Medio Ambiente queremos chamar a atención sobre unha das máis relevantes na nosa contorna inmediata, o ODS 11, que pretende "lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros resilientes e sustentables”".

Este obxectivo atópase moi vinculado á redución do impacto ambiental das vilas e cidades, pero non só, pois trátase tamén de que estas sigan sendo fonte de emprego e riqueza ofrecendo ao tempo servizos, vivendas e infraestruturas axeitadas, sen deteriorar nin o patrimonio natural nin o cultural. O Concello de Ames vén incidindo neste punto a través de medidas como a renda municipal básica para familias con escasos recursos, as axudas para a recuperación que lles permiten afrontar urxencias puntuais ou o servizo de protección do dereito á vivenda, centrado no alugueiro de carácter social, na prevención fronte os desafiuzamentos e en solucionar emerxencias habitacionais.

A eliminación das barreiras arquitectónicas e sensoriais é outra das chaves para unha urbanización inclusiva, que promovemos con actuacións nas rúas e nos edificios públicos, coa colocación de pictogramas ou cos cursos de linguaxe de signos. Ao mesmo tempo, facilítase un transporte adaptado para as persoas maiores e/ou con problemas de mobilidade. Cómpre favorecer así mesmo a participación da veciñanza na xestión, dereito que en Ames temos regulado e que contempla asemade a elaboración de orzamentos participativos, onde as parroquias e a mocidade deciden que obras levar a cabo.

Volvendo sobre a cuestión ecolóxica, iniciativas que tamén podemos atopar noutros concellos como as hortas urbanas, os composteiros, os puntos limpos, as sendas verdes ou os autobuses metropolitanos contribúen a acadar ese ODS número 11 a prol das cidades e comunidades sostibles. O Día do Medio Ambiente está precisamente dedicado este ano a alertar sobre a contaminación do aire, que cada ano causa millóns de mortes en todo o mundo. Neste senso, propostas como a semana da bicicleta ou a inclusión do transporte público en determinadas actividades contribúen a evitar a polución atmosférica, da que os vehículos particulares son en boa medida responsables. Do mesmo xeito, o plan municipal de prevención de incendios forestais sitúa a plantación de árbores autóctonas como un dos seus eixos centrais.

No entanto, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible deben acadarse tanto nos países desenvolvidos como naqueles máis desfavorecidos, pois nun mundo global as medidas que tomemos aquí terán impacto alá. Para tentar equilibrar as actuais desigualdades Norte-Sur, Ames forma parte canda outras cen administracións locais e provinciais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que entre os últimos proxectos apoiados inclúe dous baseados no acceso á auga potable, un coa ONGD Enxeñería sen Fronteiras en Honduras e outro con Asemblea de Cooperación pola Paz en Guinea-Bissau.

Froito deste último é a exposición 'Mindjer di Guiné', que reúne fotografías realizadas por 16 mulleres do país lusófono e que previsiblemente poderá verse en Ames coincidindo coa celebración do vindeiro Encontro Intercultural. Cooperación internacional en África e sensibilización da cidadanía en Galicia, dúas caras da mesma moeda que vogan en favor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Luísa Feijóo
Concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Ames

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Contar con vilas inclusivas e sustentables é posible