Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Lisboa 2013-05-16

Créase en Portugal a Rede Intermunicipal de Cooperaçao asesorada polo Fondo Galego

- Representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participan en Lisboa no peche do proxecto europeo 'Redes para o desenvolvemento'
- A asociación de Concellos e Deputacións achegou durante tres anos a súa experiencia neste eido a entidades lusas e alemás en diversos encontros

Representantes das ONGD, da empresa, do eido académico e da política de países europeos e africanos reúnense en Lisboa.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de apoiar a creación da Rede Intermunicipal de Cooperaçao ao Desenvolvemento en Portugal, integrada por trece municipios lusos para traballar dun xeito máis estruturado e eficaz na loita contra a pobreza nos países de lingua oficial portuguesa. O proceso de constitución da rede contou co expertise do Fondo Galego a través de 'Redes para o desenvolvemento', un proxecto cofinanciado pola Unión Europea no que tamén se asesorou a entidades alemás e que se pecha esta semana en Lisboa.

A presidenta do Fondo Galego, Teresa París (Concello de Redondela), e a tesoureira, Pilar Gallego (Concello de Allariz), áchanse na capital lusa para asistir á xornada de conclusións, onde o secretario da asociación, Daniel González Palau (Igadi), exporá o papel do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional como Secretaría Técnica. Participará asemade no Seminario Internacional de Cooperación Descentralizada 'Novos desafíos, novas parcerías' para moderar o debate sobre 'Oportunidades na cooperación triangular', unha modalidade que promove alianzas entre tres países con distinto nivel de desenvolvemento nas que o intercambio e o coñecemento gañan relevancia.

Os municipios de Amadora, Faro, Grândola, Loures, Maia, Marinha Grande, Miranda do Corvo, Moita, Odivelas, Oeiras, Palmela, Seixal e Setúbal formalizaron a mediados de marzo a Rede Intermunicipal de Cooperaçao ao Desenvolvemento, tras tres anos de sensibilización e capacitacións nas que o Fondo Galego de Cooperación achegou a súa experiencia de tres lustros no sector. O Instituto Marquês de Valle Flôr foi quen concibiu o proxecto 'Redes para o desenvolvemento', que tamén implicou a ONGD alemá Fine+p. A iniciativa contou cun orzamento de 644.358 euros dos que a Comisión Europea achegou 483.268 euros.

O proxecto apostou pola xeración de sinerxías como estratexia para reducir a pobreza e avanzar na consecución dos Obxectivos do Milenio, á vez que se creaban novas canles de comunicación entre autoridades locais a nivel estatal e internacional. De feito, o obxectivo específico consistía en reforzar o papel das autoridades locais portuguesas e alemás como axentes activos da cooperación para o desenvolvemento. Para acadar os resultados agardados, organizáronse seminarios, presentacións, obradoiros, debates, etc.