Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2019-05-13

Deputacións e concellos están chamados a apoiar a Mozambique tras o devastador ciclón

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinará á emerxencia 10.000 euros, que poden ampliarse con achegas das administracións locais.
- A axuda destinarase a garantir o abastecemento de auga e procurar refuxio para a veciñanza de Nhamatanda a través da asociación de municipios do país.

O ciclón Idai non só afectou ás vivendas de Nhamatanda, senón que tamén destruíu infraestruturas e cultivos.O Fondo Galego de Cooperación destinará 10.000 euros a paliar a emerxencia xerada en Mozambique tras o paso do devastador ciclón Idai, facendo partícipes deste xeito ás tres deputacións e os 97 concellos que o integran da solidariedade internacional. A contía pode ampliarse coas achegas das administracións locais, socias ou non da entidade, que desexen sumarse á reconstrución da vila de Nhamatanda, unha das máis prexudicadas tanto polo furacán como polo brote de cólera que lle seguiu.

A achega canalizarase a través da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM), que identificou como prioridade a dotación de depósitos de auga, produtos para o seu tratamento, útiles de hixiene persoal e limpeza e mais materiais de construción para poder reparar vivendas e infraestruturas, que resultaron gravemente danadas. Cun censo que rolda os 25.000 habitantes, Nhamatanda é o municipio que presenta unha maior taxa de poboación empobrecida dos que resultaron máis afectados polo desastre meteorolóxico, de aí que o Fondo Galego decidise apoiar esta área, á que apenas chegou asistencia.

O Idai está considerado un dos peores ciclóns tropicais dos que se ten constancia en todo o hemisferio sur. A mediados de marzo tocou terra en Mozambique, onde provocou máis de 600 mortes. Unhas 400.000 persoas perderon os seus fogares, alén da destrución de pontes e outras vías de comunicación. Os terreos de cultivo ficaron completamente anegados, deixando a milleiros de familias sen os seus medios de subsistencia. Os servizos de educación e saúde víronse interrompidos e apenas hai acceso á auga potable. 

A Asemblea Xeral do Fondo Galego, celebrada a finais de marzo, acordou canalizar a axuda de emerxencia a Mozambique a través de parceiros locais cos que xa tiña unha liña de traballo establecida. Preténdese así asegurar o impacto das achegas e reforzar aos municipios do país lusófono, garantindo a transparencia na xestión dos fondos, que se transferirán integramente á ANAMM para mitigar a situación de risco en Nhamatanda. As deputacións e concellos que desexen contribuír a esta causa poden poñerse en contacto coa Secretaría Técnica do Fondo Galego no enderezo electrónico acorzo@igadi.org ou no teléfono 986 843 436.