Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-10-29

Ecos do Sur sensibiliza co Fondo Galego sobre a realidade de África e as causas da pobreza

Centros educativos de Burela, Culleredo e As Pontes acolleron as actividades vencelladas ao proxecto de cooperación para mellorar as condicións educativas e sanitarias nunha escola de Mozambique.


Actividade no CEIP Virxe do Carme (Burela).Ecos do Sur desenvolveu na última semana senllos obradoiros de concienciación sobre a realidade africana e as causas da pobreza no CEIP Virxe do Carme e no CEIP Vista Alegre de Burela. A iniciativa encádrase no proxecto para mellorar as condicións educativas e sanitarias dunha escola en Mozambique, financiado á ONGD polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que vén de rematar. As actividades de sensibilización xa se realizaran a finais de ano no CEIP Ría do Burgo, en Culleredo, e no CEIP A Fraga, das Pontes, arredor do Día de África.

Monitorado de orixe mozambicana cóntalles ás rapazas e rapaces 'A historia de Brasz e  o tesouro da súa avoa mozambicana' na primeira sesión. A medida que avanza o relato, vanse sacando diferentes obxectos dunha maleta co obxectivo de dar a coñecer a cultura e costumes da poboación do país lusófono. Este achegamento dá pé á explicación sobre o proxecto que se executa en terreo para facilitar o acceso igualitario á educación e reducir a incidencia de enfermidades. Tamén se reflexiona arredor das consecuencias da cooperación internacional, as relacións entre os países do Sur e do Norte, etc.

O alumnado de Culleredo coa árbore baobab.Na segunda xornada, faise fincapé na desigual distribución dos recursos e as causas da pobreza, amais de presentar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A través de diferentes dinámicas, trabállanse as vías para chegar a unha solución e os roles dos múltiples axentes implicados, comezando pola necesidade dun consumo responsable e sostible. Para rematar, elaborarase unha árbore baobab con cartón e outros produtos reutilizados, para introducir o alumnado na concienciación ambiental. Tamén poden xurdir iniciativas como a realización dunha campaña de sensibilización e captación de fondos impulsada polo propio centro educativo, como pode ser un mercadiño solidario de xoguetes ou de obxectos elaborados polas e polos estudantes con materiais reciclados.