Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2015-10-20

Enxeñería sen Fronteiras reflexiona en catro concellos sobre a xestión municipal do dereito humano á auga

O foro, aberto tanto ao persoal implicado como á veciñanza, celebrouse xa na Coruña e esta semana chega a Teo, Ames e Monforte. A xornada aproveitará as leccións aprendidas no proxecto co Fondo Galego en Honduras.

O primeiro dos foros con ESF celebrouse na Coruña.Enxeñería sen Fronteiras organiza esta semana en tres concellos o foro aberto 'A xestión municipal do dereito humano á auga', unha actividade que xa se desenvolveu a principios de outubro na Coruña. O mércores 21 terá lugar no salón de plenos do Concello de Teo ás 19 horas, mentres que o xoves 22 se celebrará no Pazo da Peregrina, na parroquia amiense de Bertamiráns, e o venres 23 en Monforte de Lemos, no Centro Cívico do Malecón ás 19 horas. A xornada está vinculada ao proxecto que a ONGD desenvolve en Honduras para mellorar o acceso á auga potable co apoio do Fondo Galego de Cooperación.

Os encontros céntranse na importancia da transparencia e da boa gobernanza nas administracións públicas para asegurar o dereito á auga, tendo en conta as leccións aprendidas no caso hondureño e a súa aplicación nas nosas vilas. A ONU recoñece este dereito de xeito específico e os concellos, dada súa proximidade á cidadanía, teñen competencias chave á hora de garantilo. Pola súa banda, Enxeñería sen Fronteiras conta con experiencia neste ámbito tamén en El Salvador ou nos campamentos saharauís.

O proxecto en Honduras mellorará o acceso á auga potable.O obxectivo da sesión é sensibilizar sobre o acceso á auga como unha problemática global que pode tamén ter solucións comúns. O ciclo integral, o marco lexislativo, os modelos de xestión ou as boas prácticas no uso da auga son algunhas das cuestións que se abordarán, para propiciar o debate coas persoas asistentes. A cita está aberta a toda a veciñanza, aínda que está especialmente indicada para o persoal implicado na supervisión do servizo de auga e saneamento municipal.

Durante a charla exporase tamén o proxecto de cooperación internacional financiado polo Fondo Galego a Enxeñería sen Fronteiras, no que se incluíron formacións e estudos en sete municipios do Golfo de Fonseca para promover unha xestión integrada do recurso hídrico que contribúa a mellorar a calidade de vida das preto de 210.000 persoas que viven na zona, cun alto índice de pobreza extrema e afectada tamén polo cambio climático. Dáse a circunstancia ademais de que varios galegos traballan nesta iniciativa sobre o terreo.