Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-10-31

Finalizan as estadías do programa Vacacións con Traballo en Cabo Verde e Mozambique

- Unha técnica de turismo municipal e un informático da administración provincial están a rematar o seu voluntariado en Cabo Verde e Mozambique.
- Achegan un asesoramento profesional aos parceiros do Fondo Galego e á volta sensibilizan sobre esoutras realidades nas que se mergullaron.

Yolanda Ferro, nunha das visitas sobre o terreo.Unha técnica do Concello de Santiago de Compostela e un funcionario da Deputación da Coruña levan un mes en Cabo Verde e Mozambique, respectivamente, colaborando cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais e provinciais socias da entidade. A especialista en turismo remata esta semana a súa estadía na Cámara Municipal de Santa Cruz, mentres que o informático colaborará durante quince días máis coa Fundação Encontro por iniciativa propia.

Yolanda Ferro achegou durante o mes de outubro o seu asesoramento en materia turística ao concello caboverdiano de Santa Cruz, onde detectou "un verdadeiro afán de aprender da experiencia de Galicia e España neste sector, no que 'o país das dez illas' ten depositadas moitas esperanzas". Ademais, a estancia resultoulle "formativa e satisfactoria", dado que ao ser empregada municipal "a adaptación profesional foi rápida e fluída, polos puntos en común co meu traballo habitual, aínda que tamén hai contrastes". "Vacacións con Traballo supuxo para min a posibilidade de acceder a información, a persoas e mesmo lugares doutro xeito inaccesibles, debido en parte ao consolidado labor do Fondo Galego no arquipélago", engadiu a voluntaria, que asegura saír desta experiencia "con máis madurez e fortaleza".

Manuel Fuentes, formando a persoal da Fundação Encontro no eido informático.Manuel Fuentes, que apoia á Fundação Encontro na organización da base de datos da súa área de Acción Social,  asegura sentirse "moi satisfeito e agradecido por traballar con estas persoas, das que estou a recibir un trato extraordinario, e sinto que esta é xa unha segunda casa para min". "Aquí a vida e o tempo teñen unha medida distinta, moi diferente da nosa, non por iso mellor nin peor" e estas catro semanas fixéronselle "moi curtas", motivo polo cal decidiu prolongar motu proprio a súa estadía para deixar o traballo o máis avanzado posible. O programador e analista de sistemas na Deputación da Coruña recoñece que "o proxecto e a viaxe están a superar con moito as miñas expectativas", polo que pensa "voltar a Mozambique en canto poida".

As palabras de ambos os dous participantes dan boa mostra do enriquecedoras que as Vacacións con Traballo resultan tanto no plano persoal como profesional, ao tempo que para as entidades acolledoras constitúen un valioso apoio técnico nas especialidades que demandan. Ademais, o programa ten unha importante compoñente de sensibilización, xa que o voluntariado se mergulla nunha realidade diferente e vai compartindo as súas vivencias a a través do blog https://vacacionscontraballo.wordpress.com, mentres que á volta protagoniza diversas actividades de concienciación fronte as desigualdades e a prol da solidariedade.

Un total de 44 técnicas e técnicos das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade participaron desde 2006 nesta iniciativa, que permite intercambiar coñecementos nunha contorna novidosa, entrar en contacto con outras culturas e favorecer así a transformación cara sociedades máis xustas e inclusivas. Ademais, durante as estadías supervísanse sobre o terreo os proxectos de cooperación internacional cofinanciados, ao tempo que se poden identificar outros novos.