Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-09-08

Grazas, cooperantes

Hoxe conmemórase o Día da e do Cooperante, nunha data que coincide coa sinatura da Declaración do Milenio das Nacións Unidas.

O 8 de setembro do ano 2000, un total de 189 xefes de Estado comprometíanse en Nova York a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio a prol dun mundo máis xusto.

Por ese mesmo fin traballan cada día milleiros de persoas expatriadas en países do Sur, que unen os seus esforzos aos das organizacións locais para mudar o estado das cousas. Alí achegan os seus coñecementos e, unha vez aquí, comparten a súa experiencia, exercendo un importante labor de sensibilización fronte as desigualdades.

Así ocorre co voluntariado internacional do programa Vacacións con Traballo. Aínda que sen unha vinculación laboral, o Fondo Galego envía cada ano empregadas e empregados das Administracións socias a cooperar coas entidades parceiras en países empobrecidos. Invisten o seu mes de descanso na loita por un mundo mellor.

A Xunta contabiliza na actualidade máis dun cento de galegas e galegos rexistrados como cooperantes. O Goberno central aprobou en 2006 o reivindicado Estatuto da e do cooperante, un marco normativo que contribuíu á dignificación da profesión. No entanto, non todas as demandas laborais do sector fican hoxe en día cubertas. 

Desde o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, nun momento delicado para a Cooperación Internacional e as e os cooperantes, desexamos agradecer o seu compromiso humanista e traballo. Grazas.

Grazas, cooperantes