Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-09-14

IAF 121: Entrevistas ao voluntariado de Vacacións con Traballo

Unha nova edición do boletín 'Infórmate a Fondo' está xa dispoñible.

No número 121 do IAF, as técnicas e técnicos participantes no programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo sométense a un breve cuestionario.

Nesta edición correspondente aos meses de xullo e agosto conversamos tamén coa Tropa de Trapo, a compañía que está a levar os ‘Contos coas mans abertas’ por 42 vilas galegas. O anuncio da apertura da Conta de Emerxencia para o Corno de África e a nova viaxe de seguimento do proxecto no Haití teñen tamén oco nestas páxinas.

Infórmase asemade da conclusión das iniciativas cofinanciadas para instalar latrinas en Nicaragua e cuartos de baño en Cabo Verde. E non perdades as recomendacións fílmicas e literarias do arquivo do Fondo Galego!

IAF 121: Entrevistas ao voluntariado de Vacacións con Traballo