Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-11-04

IAF 122: Primeiros pasos da nova Presidencia

Xa está dispoñible o boletín 'Infórmate a Fondo' correspondente aos dous últimos meses.

iaf122A edición 122 do IAF ábrese coa elección da nova Comisión Executiva do Fondo Galego e coa enquisa que revela un apoio maioritario da poboación galega ás políticas de cooperación, mesmo en tempos de crise.

O boletín que resume as novas máis destacadas de setembro e outubro recolle a primeira xuntanza da presidenta, Teresa París, cos responsables autonómicos de Cooperación. Dáse conta asemade do proxecto finalizado no Perú e dos que veñen de dar comezo en Nicaragua e Cabo Verde para mellorar as condicións de habitabilidade.

Non falta o balance da viaxe de supervisión á iniciativa apoiada no Haití, nin tampouco as primeiras imaxes das voluntarias e voluntarios do programa Vacacións con Traballo 2011. O IAF 122 péchase coa selección de senllos títulos tirados do BiblioFondo e do VideoFondo.

IAF 122: Primeiros pasos da nova Presidencia