Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2011-12-27

IAF 123: Difusión en Galicia do proxecto no Haití

informate_a_fondo123O IAF 123, correspondente aos meses de novembro e decembro de 2011, dá conta da visita a Galicia da técnica que vén de supervisar no Haití o proxecto impulsado polo Fondo Galego e o Fons Català. Victòria Planas visitou Cambre, Allariz, Oímbra, Redondela e Vigo para explicar os avances verificados en terreo.

A última edición do boletín expón asimesmo a proposta de resolución aprobada pola asemblea xeral da Federación Galega  de Municipios e Provincias (Fegamp), onde se acordou reforzar os lazos de colaboración. Tamén resume a xuntanza da Rede Municipalista Solidaria, na que se presentou o proxecto 'Redes para o Desenvolvemento' ao persoal dos Concellos e Deputacións.

As experiencias de técnicas e técnicos das Administracións socias que participaron no programa de voluntariado en países do sur Vacacións con Traballo están asemade recollidas no 'Infórmate a Fondo'. Así como a viaxe a Cabo Verde dun equipo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) para filmar o próximo documental sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A publicación péchase coa recomendación da película 'Memoria del saqueo' e do libro 'Derechos humanos y diversidad cultural. Globalización de las culturas y derechos humanos'.