Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-05-14

IAF 125: O Fondo Galego destina 50.000 euros a proxectos dos axentes de cooperación

O boletín 'Infórmate a Fondo' recolle no número de marzo e abril a convocatoria de proxectos de cooperación indirecta, a presentación de Vacacións con Traballo e o novo concurso Imaxes con Fondo.

O certame fotográfico divídese nunha categoría xuvenil e outra para adultos. Na primeira convida a reflexionar sobre a solidariedade, e na segunda proponse reflectir a repercusión das nosas prácticas sobre os países do Sur.

Canda estas novidades, o IAF 125 fai balance das últimas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria e da Asemblea Xeral, citas nas que participaron un total de 60 Administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Lémbrase asemade a publicación da memoria de actividades de 2011 baixo o título ‘Un tempo novo’.

Como vén sendo habitual, o boletín bimensual péchase cos Fondos Destacados, un libro e unha película tirados do arquivo do Fondo Galego. Nesta ocasión seleccionáronse os títulos 'Noticias do Quelele, barrio de Bissau' e 'O noso pan de cada día'.