fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 986 843 436 / 698 144 536 • © 2007-2017 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
Aviso:
[Pechar}
IAF 126: Debates para reflexionar sobre os ODM, a cooperación e a paz
O boletín bimensual 'Infórmate a Fondo' abre a súa última edición coas Charlas contra a Indiferenza e coas técnicas municipais seleccionadas para o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo.
A participación do Fondo Galego nunha xuntanza do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento en Alemaña ten tamén cabida no IAF 126, canda o Encontro 'Institucións locais e solidariedade: Cal vai ser o teu papel?', no que o BNG reafirmou o seu compromiso coa entidade.
O número de maio e xuño tamén se fai eco dos proxectos presentados polas ONGD á convocatoria de subvencións tras o Consello Municipalista da Cooperación, e mais da doazón a Acnur do importe recadado na conta de emerxencia aberta para o Corno de África.
Senllas fotonoticias ilustran asemade as xuntanzas mantidas pola presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París, nas Consellerías de Educación e Traballo e Benestar. O boletín péchase con dous Fondos Destacados: o libro 'Blanco bueno busca negro pobre' e o documental de Unicef 'Haití en construcción'.