fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 986 843 436 / 698 144 536 • © 2007-2017 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||
|
Aviso:
[Pechar}
IAF 145: Vacacións con Traballo en Mozambique para persoal das administracións locais
O novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ofrece todos os datos do programa de voluntariado internacional e debulla asemade as actividades de sensibilización que implementarán este ano as deputacións e concellos socios do Fondo Galego. A entrevista protagonízaa nesta ocasión Rocío Fraga, edil do Concello da Coruña e vogal da Comisión Executiva.
O boletín 'Infórmate a Fondo' chega á súa edición 145 resumindo a actualidade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos últimos meses. O programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que vén de abrir unha nova convocatoria, protagoniza a portada deste número, no que tamén se resumen os encontros celebrados en Barcelona e Bruxelas ou o contido da última Asemblea Xeral, na que se deu conta das novas actividades que poderán implementar ao longo deste ano as deputacións e concellos socios.
Dándolle continuidade ás entrevistas con integrantes da Comisión Executiva do Fondo Galego, desta volta é a cenda para a concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, Rocío Fraga, con quen abordamos cuestións relativas á equidade de xénero, participación veciñal ou acollemento de persoas refuxiadas. Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria e da Comisión de Cidades e Deputacións ou o encontro co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE centran as fotonovas. A publicación péchase cun avance das dúas convocatorias de proxectos que axiña fará públicas o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Unha delas, dirixida aos municipios mozambicanos e, a outra, destinada a ONGD galegas.