Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-04-18

'Infórmate a Fondo' sobre as últimas novidades da cooperación municipalista

O boletín dixital do Fondo Galego resume as actividades dos últimos meses e avanza as novas propostas para este ano, amais de entrevistar a escritora Helena Villar Janeiro.
 

Os encontros dixitais #Alén2015 para avaliar os Obxectivos do Milenio, a segunda fase do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento ou a nova edición do programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo son algunhas das novidades que recolle o último boletín 'Infórmate a Fondo'. A estas súmase a nova convocatoria do certame Imaxes con Fondo e os obradoiros de fotografía que leva aparellados.

O número 132 da publicación divulga o resultado da recente Asemblea xeral de socios e resume nunha galería gráfica a visita dunha delegación africana no marco da Irmandade Galicia-Cabo Verde, amais de reunir os audios dos obradoiros radiofónicos sobre música e Dereitos Humanos desenvolvidos canda Agareso. Repásase asemade a andaina dos proxectos de cooperación en terreo e dáse conta da doazón destinada a Filipinas.

O IAF péchase cunha entrevista á escritora Helena Villar Janeiro, que nos fala sobre a vixencia de Rosalía de Castro, o compromiso coa lingua, o poder transformador do sentido crítico ou a importancia da educación formal e non formal.

Podedes atopar o IAF tamén nas seguintes plataformas: