Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-01-09

'Infórmate a Fondo' sobre o debate dos ODM

O boletín informativo resume os relatorios das IX Xornadas do Fondo Galego e os proxectos que se apoiarán este ano no Sur, entre outras novas, para pechar cunha entrevista á presentadora Irene Lourido.

As impresións das e dos especialistas en cooperación internacional que participaron nas Xornadas 'Os Obxectivos do Milenio, fin e principios' abren o 'Infórmate a Fondo' do último trimestre. O boletín faise eco tamén dos premios do concurso fotográfico Imaxes con Fondo e resume os ciberencontros mensuais #Alén2015 que se celebraron ao longo do pasado ano.

Nesta ocasión, 'A ollada externa' achégaa a xornalista Irene Lourido, coñecida presentadora do Telexornal da TVG cuxa traxectoria está salpicada de colaboracións solidarias dentro e fóra da pantalla. Tampouco falta información sobre os proxectos que están botando a andar en Perú, Nicaragua, Honduras, Guatemala e India.

As fotonovas do IAF 136 ilustran asemade algunhas das últimas actividades de sensibilización que se levaron a cabo, como a proxección do documental realizado con Agareso para fomentar a participación comunitaria ou o obradoiro de compostaxe con Amigos da Terra, amais das presentacións que tiveron lugar en distintos foros.
 

'Infórmate a Fondo' sobre o debate dos ODM