Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


San Cibrao das Viñas 2019-04-22

Innovación ao servizo do desenvolvemento sostible

Innovadora posta en escena do espectáculo 'Catro monos' da Tropa de Trapo.

O 21 de abril conmemórase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, unha efeméride que adoita pasar desapercibida pero que fai referencia a dúas cuestións clave para favorecer o desenvolvemento económico e facelo ademais de maneira respectuosa coas persoas e co medio. Sabémolo ben en San Cibrao das Viñas, un pequeno municipio do rural ourensán que, no entanto, alberga un gran centro de talento e crecemento como é o Parque Tecnolóxico de Galicia, tamén coñecido como Tecnópole.

Este conxunto de infraestruturas, espazos, recursos, capacidades e servizos está destinado a empresas, persoas emprendedoras e proxectos que empregan a innovación e o coñecemento como vías para medrar. Porén, hoxe en día calquera iniciativa neste senso ha de combinarse cunha visión global, en sintonía cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible promovidos polas Nacións Unidas e que pretenden rematar coa pobreza no ano 2030. O ODS 9 fai referencia, precisamente, a construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sustentable e fomentar a innovación.

Quere isto dicir que a innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, resultan fundamentais para o desenvolvemento. A tecnoloxía permite atopar solucións a problemas ambientais e económicos, mentres que o acceso ás TIC e a internet debe ser igualitario para promover o coñecemento e o emprendemento, tamén nos países menos adiantados. Nestas zonas empobrecidas colabora precisamente o Concello de San Cibrao a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade que conta cun cento de administracións locais socias e que xa ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países, moitos deles cunha compoñente tecnolóxica importante.

Á par desta cooperación internacional, o Fondo Galego promove numerosas actividades dirixidas á cidadanía galega para concienciar sobre as desigualdades Norte-Sur. Entre elas, o novo espectáculo da compañía A Tropa de Trapo, que leva por título 'Catro monos' e que acolleremos en San Cibrao das Viñas en próximas datas. A proposta combina narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A obra dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo, unha vez máis, cunha innovadora e atraente posta en escena, onde forma e contido se complementan para reforzar a mensaxe.

Sensibilización e cooperación, creatividade e inclusión, tecnoloxía e sustentabilidade. Caras da mesma moeda nas que os municipios, independentemente do tamaño, temos moito que dicir.

Ana María Moreiras
Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Infancia de San Cibrao das Viñas

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Mundial da Creatividade e a Innovación

Innovación ao servizo do desenvolvemento sostible