Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-02-21

Memoria 2017: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade

O vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade centra a memoria de 2017, que repasa o traballo realizado nas áreas de fortalecemento, proxectos, sensibilización e comunicación, alén da imprescindible transparencia económica.

Xa está publicada a 'Memoria 2017: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade', que resume a actividade realizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade durante o pasado exercicio, marcado pola conmemoración do vixésimo aniversario da entidade. Unha efeméride que impulsou a participación no seo da asociación, así como a captación de novas administracións socias, e que nos situou na presidencia da Confederación de Fondos a nivel estatal.

En 2017 seguimos fortalecendo lazos con institucións galegas e cos parceiros en terreo, visitando Cabo Verde ou Mozambique pero tamén recibindo en Galicia unha delegación ministerial de Guinea-Bissau. Tivemos asemade moi presentes os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), tanto en accións formativas como de concienciación da cidadanía galega fronte as desigualdades. Unha área, a de sensibilización, que combinou actividades de eficacia probada con accións innovadoras, que chegaron a milleiros de persoas duns sesenta concellos.

Outras realidades, a loita contra a pobreza e a exclusión, a equidade de xénero ou as persoas migrantes e refuxiadas son algunhas das temáticas que se abordaron a través de exposicións,  documentais, contos, obradoiros ou espectáculos musicais e teatrais a prol dos dereitos humanos. Cómpre destacar a exposición '20 Anos a Fondo coa Solidariedade' e mais a obra 'O valo', así como a nova vertente do programa Vacacións con Traballo, na que persoal técnico de municipios do Sur viaxa a Galicia para intercambiar experiencias cos seus homólogos.

En canto aos proxectos de cooperación internacional, destacan senllas iniciativas en Mozambique, para promover a saúde a través do deporte entre a xente nova do rural e para garantir un acceso seguro á auga potable mediante a construción de pozos. Ademais, aprobouse o financiamento de tres proxectos de ONGD galegas en Guinea-Bissau, Guatemala e Honduras. A isto hai que sumarlle a axuda de emerxencia destinada á poboación saharauí e ás persoas refuxiadas da ruta dos Balcáns.

A memoria de 2017 péchase cunha sección dedicada á comunicación, na que se detallan as estratexias online e offline executadas, outra co balance económico do exercicio, no que se levou a cabo a revisión da contabilidade e, por último, a axenda coa listaxe de actividades realizadas ao longo deste intenso ano.

Memoria 2017

Memoria 2017: 20 Anos a Fondo coa Solidariedade