Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Pontevedra 2020-03-18

Memoria 2019: Cooperación local no mundo global

A publicación resume a intensa actividade desenvolvida polo Fondo Galego ao longo do último ano, no que culminou o mandato 2015-2019.

Xa está dispoñible a 'Memoria 2019: Cooperación local no mundo global', na que se recolle o labor realizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no último ano, que culminou con 101 entidades socias. O resumo dá conta da vida asociativa, as relacións institucionais, o peche dos proxectos en países do Sur ou as actividades de sensibilización promovidas nos concellos socios, alén do balance económico ou das accións no eido da comunicación.

O pasado exercicio estivo en boa medida marcado polas eleccións municipais, que motivaron accións previas como o Almorzo Xusto celebrado no Parlamento de Galicia coa participación de todos os grupos políticos. A posteriori, produciuse ademais a renovación da Comisión Executiva, aprobada pola Asemblea Xeral. Foi tamén un ano moi activo para a Confederación de Fondos, co Fondo Galego á fronte.

En 2019 lanzáronse asemade actividades novidosas, como o Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, que reuniu a máis de 80 persoas de oito países, ou os Intercambios Galicia-Portugal, para aprender da experiencia dos municipios do país veciño na implementación dos ODS a nivel local.

Ao tempo, seguíronse organizando exposicións, concertos, contos e teatro para concienciar fronte ás desigualdades, canda o concurso de murais Muros que Unen ou os programas Vacacións con Traballo e Vacacións con Traballo en Galicia, este último centrado na estadía dun técnico de finanzas mozambicano en seis concellos galegos.

En canto aos proxectos de cooperación internacional, pecháronse os dous que estaban en marcha en Mozambique: un coa Fundação Encontro para previr doenzas, adicións e embarazos precoces na mocidade a través do deporte, e outro para construír pequenos sistemas de abastecemento de auga na vila de Nhamayábue. Tamén se destinaron 10.000 euros como axuda de emerxencia para paliar as consecuencias do devastador ciclón Idai na vila de Nhamatanda.

A sección da 'Memoria 2019' dedicada á comunicación amosa as estratexias online e offline executadas, entre elas o inicio da renovación da páxina web ou a campaña #RetoAosConcellos promovida nas redes sociais. A publicación péchase coas contas do exercicio, que reflicten a estabilidade económica da asociación e, por último, a axenda coa listaxe de actividades realizadas ao longo do ano.

Memoria 2019: Cooperación local no mundo global