Aviso:

[Pechar}



Comunicados

Listado total das noticias, comunicados e artigos publicados neste web polo Fondo Galego

Usa este formato: 2018-04-26
Usa este formato: 2018-04-26
  • Pontevedra
    Mércores, 25 Abril, 2018

    A nova exposición sobre os ODS abre o boletín 'Infórmate a Fondo' que resume a actividade do Fondo Galego no primeiro trimestre de 2018. O lanzamento do programa Vacacións con Traballo, que pechará proximamente o prazo para presentarse, e a posta en marcha do plan anual de actividades completan os principais titulares, canda a axuda humanitaria no Sáhara.

  • Valencia
    Luns, 23 Abril, 2018

    O principal obxectivo é fortalecer á entidade, que representa a un milleiro de municipios con proxectos de desenvolvemento en máis de trinta países

  • Santiago
    Mércores, 18 Abril, 2018

    O documento recolle valiosas achegas da asociación de concellos e deputacións pero desbota aspectos chave sobre o orzamento a autonomía local

  • A Guarda
    Luns, 16 Abril, 2018

    A exposición realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto amosa o éxodo de milleiros de persoas a través da ruta dos Balcáns na busca de refuxio en Europa.

  • Rianxo
    Martes, 27 Marzo, 2018

    - O Fondo Galego de Cooperación oferta dúas prazas de voluntariado internacional para técnicas e técnicos das deputacións e concellos socios.
    - O programa presentouse hoxe no Concello de Rianxo coa participación do alcalde e de dúas traballadoras que xa colaboraron nos países de destino.

  • Pontevedra
    Xoves, 1 Marzo, 2018

    As deputacións e concellos socios do Fondo Galego poden reservar ata o 16 de marzo os espectáculos musicais e teatrais ou as novas exposicións.

  • Pontevedra
    Mércores, 28 Febreiro, 2018

    Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego están chamados á xuntanza que se celebrará o 21 de marzo, ás 11 horas, en Santiago de Compostela.

  • Pontevedra
    Mércores, 21 Febreiro, 2018

    O vixésimo aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade centra a memoria de 2017, que repasa o traballo realizado nas áreas de fortalecemento, proxectos, sensibilización e comunicación, alén da imprescindible transparencia económica.

  • Pontevedra
    Luns, 29 Xaneiro, 2018

    - Persoal técnico das administracións socias participa esta semana en xuntanzas no Concello de Ourense e nas deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
    - O Fondo Galego de Cooperación fará balance das actividades de sensibilización e  dos proxectos no Sur executados en 2017 e presentará o novo plan de acción.

  • Pontevedra
    Luns, 29 Xaneiro, 2018

    - Persoal técnico das administracións socias participa esta semana en xuntanzas no Concello de Ourense e nas deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
    - O Fondo Galego de Cooperación fará balance das actividades de sensibilización e  dos proxectos no Sur executados en 2017 e presentará o novo plan de acción.

  • Pontevedra
    Luns, 22 Xaneiro, 2018

    - Respondeu ao chamamento realizado en 2017 á comunidade internacional achegando 6.000 euros que canalizou Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
    - O esgotamento das reservas de alimentos básicos e produtos micronutrintes puxo en risco á poboación refuxiada afectada pola malnutrición e a anemia.

  • Pontevedra
    Luns, 15 Xaneiro, 2018

    O ‘Infórmate a Fondo’ do último trimestre achéganos ao novo proxecto de subministro de auga en Mozambique e ás propostas a executar canda ONGD galegas, aprobadas nunha Asemblea á que se achegou Acnur para render contas sobre a axuda ás persoas refuxiadas. A viaxe do gañador de Imaxes con Fondo e as fotonoticias completan o número 148 do boletín.

  • Pontevedra
    Martes, 26 Decembro, 2017

    - A dotación de auga potable nun barrio do municipio de Nhamayábue evitará que a poboación teña que mergullarse no río Zambeze para abastecerse.
    - O proxecto apoiado polo Fondo Galego de Cooperación reducirá a incidencia letal da diarrea e mais o tempo investido polas mulleres na carrexa dos baldes.

  • A Coruña
    Mércores, 20 Decembro, 2017

  • Santiago de Compostela
    Martes, 12 Decembro, 2017

    - InteRed, ACPP e Enxeñería sen Fronteiras recibirán un total de 136.603 euros para desenvolver accións a prol da saúde sexual e do acceso á auga.
    - Unha responsable de Acnur detallou na Asemblea celebrada hoxe o resultado da axuda de emerxencia destinada ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

  • Oleiros
    Domingo, 10 Decembro, 2017

    O 10 de decembro de 2018 cumpre 70 anos un dos textos máis importantes da historia: a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Un documento que, co seu primeiro artigo, xa nos tería que facer reflexionar sobre o camiño que está a tomar a nosa sociedade:

    "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade, en dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros".

  • Pontevedra
    Xoves, 7 Decembro, 2017

    A responsable de Proxectos de Acnur presentará os resultados da axuda de emerxencia destinada a combater a vaga de frío que afectou ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns. Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego participarán na xuntanza, convocada para o 12 de decembro, ás 10.30 horas, en Santiago de Compostela.

  • Pontevedra
    Martes, 28 Novembro, 2017

    O novo número do boletín 'Infórmate a Fondo' ábrese co gran acto que conmemorou o vixésimo aniversario do Fondo Galego, para continuar co balance das dúas vertentes do programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo. A publicación recolle tamén outras novidades en formato de fotonoticia, o peche do proxecto con Acnur e mais unha entrevista a Gloria Prada, concelleira de Monforte e vogal da Comisión Executiva.

  • Pontevedra
    Luns, 27 Novembro, 2017

    - O premio da terceira edición do concurso organizado polo Fondo Galego de Cooperación consistía nunha viaxe para elaborar unha mostra fotográfica.
    - O autor vigués atópase no país da África lusófona para captar coa súa cámara tanto os proxectos alí apoiados como instantáneas da vida cotiá.

  • A Coruña
    Luns, 20 Novembro, 2017