Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Oleiros 2019-09-22

O cambio climático, un reto a todos os niveis

Tras o paso do ciclón Idai, o Fondo Galego enviou axuda de emerxencia a Mozambique a través da ANAMM.Desde hai case dúas décadas, cada 22 de setembro conmemórase o Día Europeo sen Coches, unha data para concienciar sobre o uso responsable do tráfico motorizado e promover alternativas ecolóxicas como o transporte público, a bicicleta ou os vehículos eléctricos. A polución xerada polo tránsito rodado é precisamente un dos principais focos de contaminación do aire, nomeadamente nas cidades, debido á emisión de gases de efecto invernadoiro que, ao tempo, están contribuíndo a aumentar a temperatura do planeta. Unhas consecuencias nefastas que tanto as administracións a distintos niveis como a cidadanía de xeito individual e colectivo poden contribuír a frear.

Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos é un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados polos Estados membros da ONU co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Trátase, en concreto, do ODS número 13, aínda que en practicamente todos está presente a defensa do medio ambiente e, en moitos deles, de xeito directo. Por exemplo, naqueles que chaman a garantir o acceso á auga e a enerxías limpas, a promover un crecemento económico sustentable, ou a conservar os océanos e os ecosistemas terrestres.

A raíz do aumento da temperatura e do nivel do mar, o cambio climático xera fenómenos extremos, como inundacións, furacáns, secas e incendios cada vez máis virulentos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, rede da que fai parte o Concello de Oleiros canda outras 99 administracións locais e provinciais, ten dispoñibilizado axuda de emerxencia para facer fronte a estes desastres, o máis recente o xerado polo devastador ciclón Idai en Mozambique. Ademais, desde a súa creación en 1997 o Fondo Galego apoiou diversos proxectos ambientais en países do Sur, desde a conservación de espazos naturais ata a xestión da auga e o saneamento.

Polo que respecta á contaminación atmosférica, que tampouco sabe de fronteiras, alén dos efectos nocivos para o medio cómpre ter en conta que tamén prexudica gravemente a saúde das persoas, producindo desde molestias leves como a irritación dos ollos ou do nariz ata enfermidades respiratorias ou cardiovasculares de diversa consideración que reducen a esperanza de vida. Segundo a Organización Mundial da Saúde, cada ano morren en todo o mundo 1,3 millóns de persoas a causa da polución urbana.

É o momento de que todos os gobernos do planeta pasen das palabras á acción para, coordinadamente, tomar as medidas en materia enerxética, tanto no que atinxe á elección do recursos como á utilización destes nas áreas estratéxicas de transporte e produción industrial. E teñen de facelo sen excepcións, como dimana dos cumios para a defensa medioambiental, e sen subterfuxios, eliminando terminantemente ese recurso dos Estados que se din máis avanzados e conservacionistas que consiste en mercar cotas de contaminación a economías de países en vías de desenvolvemento. Estamos moi preto do punto sen retorno. Perigosamente preto de cernar o futuro das novas xeracións e como tal non podemos permitir que os intereses das multinacionais do petróleo condicionen a axenda das superpotencias.

É o momento no que os gobernos deben dar resposta ao empoderamento da sociedade civil, que di “basta xa!” á queima masiva de combustibles fósiles, ás extraccións de cru en áreas cuxo deterioro acelera o cambio climático. Que di “basta xa!” ao incendio sumario de grandes masas forestais, verdadeiros pulmóns estratéxicos para a supervivencia da vida no planeta, para privilexiar os intereses de multinacionais na produción de soia. É no seo das institucións internacionais onde esas grandes potencias deben dar resposta á realidade de que o planeta, a súa atmosfera, as reservas de auga doce... son bens que nunca poderán ter a categoría de privativos, son imprescindibles para a supervivencia e son todos!!!

A cidadanía, desde a nosa dimensión, a través dos nosos xestos cotiáns, temos moito que facer para, desde xa, marcar un punto de inflexión na defensa do noso fogar compartido que é a Terra: non só no noso xeito de desprazarnos, senón tamén dentro da casa e da oficina. Mercar electrodomésticos eficientes, apagar e desenchufar os aparellos electrónicos, empregar luces de baixo consumo, aforrar auga coa ducha e coa lavadora ou colocar o termóstato na temperatura xusta son algunhas delas. As melloras tecnolóxicas introducidas nos últimos tempos poden contribuír a mitigar o cambio climático, acelerado pola acción humana, pero todo vai depender de como as poñamos en práctica.

Marga Figueroa
2ª tenente de alcalde e concelleira de Cooperación internacional, Recursos humanos e Participación cidadá de Oleiros.

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Día Europeo sen Coches

O cambio climático, un reto a todos os niveis