Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


A Coruña 2018-09-07

O concurso 'Muros que unen' premiará os dous mellores murais sobre desenvolvemento sostible

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza na Coruña este certame co apoio do concello, que é socio da rede de administracións locais.
- A loita contra a pobreza e a prol da igualdade son os temas centrais das obras, baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible impulsados pola ONU.

Nun momento en que se seguen a erguer valados para afastar as persoas, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o I Concurso de murais arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 'Muros que unen', co financiamento do Concello da Coruña. O certame encádrase no convenio asinado recentemente co Fondo Galego polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, para destinar 20.000 euros á realización de actividades de sensibilización fronte as desigualdades. A loita contra a pobreza e a prol da equidade de xénero serán os temas centrais das obras, que calquera persoa ou colectivo pode presentar ata o 30 de setembro.

Con 'Muros que unen' búscase dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Co fin de fomentar ademais o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas, a primeira edición de 'Muros que unen' centrarase en dous deses 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que os municipios deben contribuír a acadar. Trátase do ODS1: Pórlle fin a pobreza en todas as súas formas en todo o mundo, e o ODS5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.

Outorgarase un premio de 2.000 euros por cada un dos ODS. Ademais, as dúas persoas gañadoras representarán o seu mural nun espazo da cidade ofertado pola organización, que tamén facilitará os materiais necesarios. A técnica será libre, e ao concurso poden presentarse ata dúas propostas, seguindo o procedemento establecido nas bases, que poden consultarse en www.fondogalego.org. As obras deben ser inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos. Calquera dúbida pode consultarse asemade no teléfono 986 843 436 ou no enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org.

Bases 'Muros que unen'
Cartel 'Muros que unen'