Aviso:

[Pechar}


Baiona 2014-07-18

O Fondo Galego abre unha canle de audios en Ivoox

A plataforma reúne podcast de conferencias, entrevistas ou presentacións que se poden escoitar, descargar e compartir.


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de abrir unha canle de audios na plataforma Ivoox para dispoñibilizar unha selección de material de arquivo de interese xeral. Os podcast, identificados cunha descrición e ilustrados con fotografías, poden escoitarse, descargarse e mesmo compartirse directamente en blogs ou redes sociais. Existe ademais a posibilidade de valorar os contidos ou subscribirse para recibir as actualizacións, entre outras opcións.

A canle, que se irá renovando periodicamente, arrinca cunha ducia de audios xerados durante os catro últimos anos. Entre eles atópanse entrevistas aos parceiros do Sur, conferencias sobre os proxectos de cooperación internacional, roldas de prensa nas que se presentaron distintas iniciativas ou as mesas redondas das Xornadas de Cooperación que cada ano organiza o Fondo Galego.

O espazo en Ivoox súmase á canle de Youtube ou ás redes sociais, como Twitter e Facebook, que a asociación municipalista vén xestionando no marco das liñas estratéxicas marcadas polo Plan de Comunicación Online para adaptarse ás ferramentas 2.0. O Fondo Galego lanzou tamén recentemente unha newsletter neste afán por reforzar a información e a sensibilización da cidadanía, á vez que se pon en valor a cooperación para o desenvolvemento promovida por deputacións e concellos galegos.

O Fondo Galego abre unha canle de audios en Ivoox