Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2017-07-31

O Fondo Galego aposta polo deporte para previr doenzas e adiccións na mocidade mozambicana

- A asociación de concellos e deputacións apoia á Fudação Encontro para reducir o risco de embarazos precoces, sida ou consumo de alcol e drogas.
- O proxecto formará activistas para sensibilizar nas comunidades e crearanse equipos de fútbol e atletismo nos que se fomentará a participación das mozas.

O fúltbol é unha das alternativas que se ofrecerá á xente nova.Reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces é o obxectivo do novo proxecto no que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a colaborar coa Fundação Encontro en Mozambique, co deporte como ferramenta para conseguilo. A asociación de concellos e deputacións achegará 40.000 euros a esta iniciativa, orzamentada nun total de 51.524 euros, que se executará nun prazo de dous anos.

A través deste proxecto de cooperación internacional, ofreceranse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivará a participación e liderado das rapazas, favorecendo así a equidade de xénero. Ao tempo, formarase en educación para a saúde a un grupo de activistas que promoverán hábitos de vida saudables, co fin de diminuír a vulnerabilidade fronte o consumo de drogas e alcol, enfermidades cardiovasculares, sida, abandono familiar, desemprego, baixa autoestima, etc.

Para poñer en práctica a proposta, comezarase divulgándoa e identificando as persoas que coordinarán as actividades nas seis comunidades dos distritos de Boane e Namaacha onde se implementarán, no sur de Mozambique. Formarase tamén a 30 monitoras e monitores deportivos de entre 16 e 21 anos, mentres que as e os integrantes dos equipos terán entre 7 e 15 anos, o que suma un total de 468 beneficiarias e beneficiarios directos das actividades. O traballo realizarase en coordinación coas autoridades locais e implicando á veciñanza, de xeito que indirectamente chegará a preto de 17.500 persoas.

O exercicio físico considérase así unha ferramenta para mellorar a saúde, pero tamén para fomentar o crecemento persoal, as relacións sociais e o empoderamento das mulleres. Cada aldea contará cun equipo, que competirá en campionatos cuadrimestrais. Ademais, cada dous meses, organizaranse sesións de reflexión en grupo sobre diferentes temas de sensibilización e educación en valores, alén de implementar accións informativas e educativas sobre o terreo que poden tomar forma de visitas domiciliarias, palestras, teatro, etc.

O terceiro país máis pobre
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o remate da guerra civil en 1992, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 185 entre os 187 países contemplados. A pobreza atinxe a tres de cada catro persoas, especialmente as mulleres, mentres que o VIH afecta a máis dun 10% da poboación. No entanto, existen numerosas iniciativas locais que están a loitar por reverter a situación, como aconteceu co anterior proxecto da Fundaçao Encontro e o Fondo Galego a prol da saúde infantil e materna, en sintonía coas liñas estratéxicas da entidade, que apostan por acentuar a colaboración cos países lusófonos, especialmente os da África máis empobrecida.