Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2018-04-18

O Fondo Galego avala o Plan Director de Cooperación autonómico pero con reservas

O documento recolle valiosas achegas da asociación de concellos e deputacións pero desbota aspectos chave sobre o orzamento a autonomía local

Dúas representantes do Fondo Galego participaron no Congacode.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade votou esta mañá a favor do IV Plan Director da Cooperación Galega, amosando no entanto as súas reticencias a respecto do que considera falta de compromiso orzamentario e inxerencia da Xunta de Galicia na autonomía local. O documento, que si recolle outras alegacións formuladas pola asociación de concellos e deputacións, foi presentado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, na xuntanza do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, que reúne aos axentes do sector.

A pesar de que a planificación para o período 2018-2021 contempla melloras substanciais, o seu alcance deberá concretarse ano tras ano nos plans anuais. En calquera caso, as achegas recollidas son insuficientes, pois quedan fóra cuestións chave para o Fondo Galego, como é a de equiparar o convenio coa administración autonómica que na actualidade se sitúa nos 40.000 euros ao doutras entidades, xa que un posible aumento desta contía se supeditará aos posibles avances orzamentarios. A Xunta tampouco retomará o financiamento directo de proxectos de cooperación internacional co Fondo Galego, se ben se abre a posibles parcerías.

Outra das demandas que a Dirección Xeral desestimou foi a solicitude de que se retire a obligatoriedade de obter un informe favorable por parte da administración autonómica para as actuacións que o Fondo Galego e mais as deputacións e concellos leven a cabo no eido da cooperación ao desenvolvemento, o que se considera unha vulneración da autonomía das entidades locais. Rexeitouse asemade abrir liñas de subvencións para a contratación de persoal especializado e para dotar de contido os irmandamentos con municipios do Sur.

No entanto, o IV Plan Director da Cooperación Galega enriqueceuse con suxestións realizadas polo Fondo Galego, como a de aproveitar as nosas vantaxes comparativas potenciando a colaboración con países lusófonos –aínda que non todos-, a de reforzar o traballo conxunto dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ou a de a de incorporar a formación en cooperación internacional aos programas da Escola Galega de Administración Pública. Ademais, facilitarase o asesoramento técnico por parte de funcionariado autonómico a parceiros do Fondo Galego en países empobrecidos, ao tempo que os centros formativos da Xunta se porían a disposición para o fortalecemento institucional de municipios do Sur. A planificación 2018-2021 aposta ademais polo aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados por Nacións Unidas e pola xeración de sinerxías entre os distintos actores.