Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-07-10

O Fondo Galego colabora con InteRed para promover a educación sexual en Guatemala

- A asociación de concellos e deputacións cofinancia un proxecto que involucra a docentes, alumnado, familias e institucións do municipio de Chinautla.
- A formación afectiva resulta clave nun contexto marcado polos embarazos precoces, a violencia e a pobreza, situación que colectivos locais tentan reverter.

O proxecto para promover unha educación afectiva e sexual saudable inclúe formacións con diferentes colectivos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a apoiar un proxecto da ONGD InteRed para promover unha educación integral en sexualidade en catro centros públicos do municipio guatemalteco de Chinautla. A asociación de concellos e deputacións destina 49.861 euros a esta iniciativa, que a Fundación Pablo Poveda se encarga de implementar sobre o terreo. A intervención involucra a profesorado, alumnado, familias e institucións locais na prevención da violencia contra as mulleres e no establecemento de relacións de xénero equitativas, para o que xa se están a impartir obradoiros cos colectivos.

A importancia da autoestima ou o cuestionamento dos roles de xénero son algúns dos temas traballados coas e cos docentes, que á súa vez os trasladan ao estudantado, co fin de contribuír ao empoderamento na defensa do seu dereito a unha vida libre de violencias. Ademais, estanse a realizar capacitacións específicas coas e cos estudantes que lideran as xuntas de dous institutos, que tamén se trasladarán á mocidade usuaria do centro de educación alternativa da Fundación. Haberá ademais obradoiros específicos para mozas, cinefórums ou programas para a prevención do acoso a través das novas tecnoloxías. Ao tempo, a rapazada organizará actividades de sensibilización nos centros e participará nunha marcha coincidindo co Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres.

En paralelo, búscase fortalecer as capacidades das entidades de Chinautla que traballan a prol da defensa das mulleres, a infancia e a mocidade, de xeito que se convocarán obradoiros sobre igualdade para as e os seus integrantes. Do mesmo xeito, estas organizacións darán a coñecer o seu labor, así coma os itinerarios de prevención e denuncia, nunha feira local, mentres que membros da Fundación Pablo Poveda recibirán formación en autocoidados. Doutra banda, xa está en marcha a Oficina Municipal da Mocidade  e creouse unha comisión que está a participar na elaboración das políticas municipais que afectan á xente nova.

Evitar agresións sexuais e ETS
O  taxa de escolaridade en Guatemala é moi baixa, xa que a rapazada só permanece de media seis anos no sistema educativo, e a situación aínda é máis grave no caso das nenas e as mozas, sobre todo debido aos embarazos prematuros, con preto de 70.000 casos anuais en menores. O abandono escolar vén ademais provocado pola pobreza, que ronda o 60% nun país onde aínda se detectan situacións de traballo infantil, e pola ausencia de educación bilingüe, mesmo en contextos de poboación maioritariamente indíxena. Os índices de violencia e extorsión, dentro dos centros ou camiño a eles, mesmo coa presenza de maras, é outro dos factores que inflúe. Ademais, Chinautla é un municipio periurbano, con máis de 120.000 habitantes, onde aqueles que migraron do campo á cidade viven en asentamentos precarios e cun nivel de desemprego elevado. No entanto, persoas e entidades do eido local están loitando polo dereito a unha educación segura co fin de evitar as agresións sexuais, as ETS e os embarazos de nenas e adolescentes, así como a violencia contra elas, nalgúns casos ata con resultado de morte. De aí a importancia dunha educación afectiva e sexual saudable, que desterre crenzas erradas, enfoques moralizantes e relixiosos, e patróns de carácter machista.