Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-10-01

O Fondo Galego comparte en Holanda a súa experiencia na educación para o desenvolvemento

- Os concellos de Amsterdam e Helmond acollen nestes días os encontros para intercambiar boas prácticas con entidades neerlandesas, alemás e portuguesas.
- A iniciativa encádrase na segunda fase do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento e contempla a visita a unha escola para coñecer as actividades.

Alumnado da escola holandesa visitada pintando un mural sobre Nicaragua.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comparte entre onte e hoxe en Holanda a súa experiencia no eido da educación para o desenvolvemento con entidades neerlandesas, alemás e portuguesas. O intercambio de boas prácticas encádrase na segunda fase do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento.

Baixo o epígrafe 'Aprendizaxe global para unha efectiva cooperación ao desenvolvemento', as actividades deron comezo onte no Concello de Amsterdam, onde o Consello Nacional para Parcerías das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua (LBSNN) presentou o seu traballo. Xa pola tarde, a comitiva trasladouse ao veciño municipio de Helmond co fin de coñecer as iniciativas de educación para a cidadanía global que se levan a cabo nunha escola, na que tiveron a oportunidade de entrevistarse con estudantes e profesorado.

Na xornada de hoxe mércores, debaterase sobre as metodoloxías e materiais empregados polos distintos socios do proxecto europeo: o Instituto Marquês de Valle Flôr (Portugal), Fine+p (Alemaña), LBSNN (Holanda) e o propio Fondo Galego. O secretario da asociación municipalista, Daniel González Palau, explicará como os concellos conciencian contra as desigualdades a través de contacontos, obradoiros, cine, exposicións ou unidades didácticas.

Avalado pola UE
O Fondo Galego ofreceu o seu asesoramento para promover redes de cooperación descentralizada durante a primeira fase de Redes para o Desenvolvemento, que culminou coa creación da Rede Intermunicipal de Cooperaçao ao Desenvolvemento en Portugal e a xeración en Alemaña dun tecido de municipios irmandados con localidades nicaraguanas. No período 2014-2017, volve achegar a súa experiencia a entidades tanto destes dous países como de Holanda, desta volta co obxectivo de fortalecer as autoridades locais europeas en accións de educación para o desenvolvemento e para a cidadanía global.

As metas específicas pasan por capacitar as autoridades locais en accións de educación para o desenvolvemento, promover boas prácticas e parcerías multiactor europeas e incorporar a participación da cidadanía nas políticas de cooperación. No marco do proxecto cofinanciado pola UE, o Fondo Galego presentará o seu modelo de cooperación municipalista en rede a través de obradoiros de traballo nos distintos países implicados.