Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-01-22

O Fondo Galego contribuíu a paliar a emerxencia alimentaria nos campamentos saharauís

- Respondeu ao chamamento realizado en 2017 á comunidade internacional achegando 6.000 euros que canalizou Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
- O esgotamento das reservas de alimentos básicos e produtos micronutrintes puxo en risco á poboación refuxiada afectada pola malnutrición e a anemia.

A Media Lúa Vermella encargouse de distribuír os alimentos entre a poboación saharauí.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destinou en 2017 un total de 6.000 euros á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, en Alxeria. A devandita axuda humanitaria facilitóuselle á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), que á súa vez a canalizou a través das autoridades locais e da Media Lúa Vermella, que realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia.

O esgotamento das reservas de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigou ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, de aí o chamamento á comunidade internacional para incrementar as doazóns.

O Fondo Galego colaborou en varias ocasións con Sogaps para mellorar as condicións de vida das refuxiadas e refuxiados do Sáhara, principalmente en materia de sanidade e alimentación. A última foi en 2016, cando se cofinanciou con 10.000 euros a reconstrución dun centro sanitario que fora derrubado polas intensas chuvias do ano anterior. Así mesmo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten apoiado a distintas poboacións refuxiadas, como a palestina ou a siria, con accións de emerxencia e declaracións institucionais nas que reclamaba medidas ás altas instancias políticas para atallar as verdadeiras causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos.