Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2010-11-01

O Fondo Galego de Cooperación apoia a construción de cuartos de baño na illa caboverdiana do Maio

- As obras avanzan segundo o previsto e compleméntanse cunha campaña de sensibilización para que as familias adopten novos hábitos de hixiene

- O proxecto pretende reducir a incidencia de doenzas coma as diarreicas, que causan gran mortalidade infantil, e a propagación da malaria ou o dengue

A construción de cuartos de baño no Maio avanza segundo o previsto.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está a promover a instalación de cuartos de baño en 60 vivendas da illa do Maio, en Cabo Verde. O proxecto execútase nas localidades rurais de Figueira e Ribeira Don João, co obxectivo de reducir a incidencia das enfermidades derivadas da falta de hixiene. A iniciativa conta co apoio económico da Xunta de Galicia. Entre ambas as dúas entidades galegas achegan 49.200 euros.

Este proxecto de cooperación directa entre o Fondo Galego e a Câmara Municipal do Maio implica as familias beneficiarias, ás que se lles facilita o material e o asesoramento técnico necesario para a construción dos baños. As louzas, tubaxes, etc. adquírense na propia illa, contribuíndo así á dinamización da economía local. Cómpre ter en conta que o 90% da poboación vive con menos de 2,2 euros ao día, de aí a dificultade de teren investido neste tipo de obras. De xeito paralelo, en colaboración coas asociacións comunitarias, estanse a levar a cabo campañas de sensibilización para a saúde co fin de que a veciñanza adopte novos hábitos de hixiene. Mediante charlas e representacións do grupo de teatro difúndense os perigos da insalubridade e a necesidade de utilizar e manter os cuartos de baño. En Figueira e Ribeira Don João, 2 de cada 5 vivendas non dispoñen de baños, pero ademais detectouse que o 40% daqueles habitantes que o teñen non o usan.

A práctica popular de realizar as necesidades fisiolóxicas ao aire libre deriva en afeccións da pel e doenzas diarreicas, que deixan aos afectados en condicións máis vulnerables a outras enfermidades. Como consecuencia, unha das principais causas de mortalidade infantil no Maio é a deshidratación. A localización da illa nunha faixa tropical acentúa as ameazas de contaminación, feito que se manifesta na frecuencia de infeccións transmitidas por insectos ou roedores, coma o paludismo ou a epidemia de dengue acontecida na época de choivas de 2009. A iniciativa do Fondo Galego de Cooperación, que entronca directamente cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, pretende reducir nun 30% a incidencia deste tipo de doenzas. De maneira colateral, mellorará a privacidade e a dignidade das persoas, sobre todo das mulleres, que son quen máis sofre coa falta de sanitarios limpos e seguros. 

Unha colaboradora do Fondo Galego vén de verificar sobre o terreo a boa marcha do proxecto, que botou a andar hai uns meses e que se prolongará ata finais de ano. Trátase dunha mostra máis da valiosa cooperación entre as administracións locais do norte e do sur. A asociación galega de Concellos e Deputacións xa levara a cabo o ano pasado, en parcería coa municipalidade do Maio, a edificación e dinamización dun centro comunitario para as vilas de Alcatraz e Pilão Cão. Na actualidade tamén traballa coa Câmara Municipal de Brava para mellorar o abastecemento de auga na localidade de Baleia, mentres que en colaboración coa Câmara Municipal de Paúl estanse a mellorar as condicións de habitabilidade na localidade de Eito. O Fondo Galego de Cooperación leva máis dunha década colaborando coa Associação Nacional de Municípios Cabo-Verdianos, entidade na que se integran os 22 municipios do arquipélago. No país africano executáronse preto de 40 proxectos que van dende o abastecemento de auga e a construción de colexios ata a implantación de plans de igualdade ou medio ambiente.