Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-11-24

O Fondo Galego de Cooperación participa na Asemblea da Fegamp

Este sábado 26 de novembro celébrase a Asemblea ordinaria da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

No encontro, o municipalismo galego renovará a súa estrutura institucional tras o cambio de ciclo dos gobernos locais.

Para esta importante cita, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade disporá dun stand informativo dentro do propio Palacio de Congresos, ao tempo que presentará na Asemblea unha proposta de resolución para ligar con máis forza o traballo da Fegamp ao da rede solidaria que o Fondo representa para o municipalismo do país: unha experiencia de traballo transpartidario única, innovadora e de referencia europea.

O Fondo Galego de Cooperación participa na Asemblea da Fegamp