Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2016-01-12

O Fondo Galego de Cooperación promove a saúde materna e infantil en Mozambique

- O obxectivo é incrementar as consultas pre e post natais e mais os partos na maternidade, así como reducir os índices de desnutrición nas nenas e nenos.
- O proxecto prolóngase durante un ano e realízase da man da Fundaçao Encontro, que conta cunha enfermeira galega no seu equipo de coordinación sobre o terreo.

O proxecto anima ás familias a levar as nenas e nenos ás consultas de control.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia con 25.000 euros un proxecto en Mozambique para que as mulleres embarazadas empreguen os servizos de saúde, antes, durante e despois do parto, superando as barreiras socioculturais. A actuación execútase da man da Fundaçao Encontro, en cuxo equipo de coordinación se atopa a enfermeira coruñesa María José Castro.

Visitas a 240 domicilios e mais un cento de charlas e obras teatrais sobre coidados básicos de saúde e prevención de doenzas son algunhas das actividades que un grupo de activistas está a levar a cabo para concienciar a mulleres e familias sobre a importancia de acudir ás consultas pre e post parto, así como de dar a luz na maternidade. Tamén se crearán grupos de "nai para nai", onde se intercambian experiencias a fin de multiplicar a sensibilización.

Segundo as crenzas locais, o embarazo debe ocultarse ata que a barriga sexa grande, xa que falar sobre o tema atraería a mala sorte. Isto leva ao sufrimento e morte de moitas mulleres durante a xestación e en partos non seguros. As nenas e nenos tampouco adoitan seguir os pertinentes controis e hai un elevado risco de desnutrición, polo que a intervención incide asemade en identificar á poboación infantil que precisa unha atención especial neste senso.

O teatro comunitario é unha das ferramentas empregadas para sensibilizar sobre a saúde.O proxecto deu comezo en agosto de 2015 e prolongarase ata xullo de 2016 nos distritos de Boane e Namaacha, na provincia de Maputo. Neste tempo agárdase que aumenten nun 25% as embarazadas que acuden a consulta e que 1.290 nenos e nenas leven control pediátrico, así como mellorar a formación en saúde en xeral. O acompañamento individualizado, ao tempo que se involucra a toda a comunidade, é unha das claves do proxecto.

Mozambique áchase entre os países cun Índice de Desenvolvemento Humano máis baixo do mundo, xa que é o noveno pola cola. Ademais da pobreza, o contexto da intervención vén marcado pola desigualdade de xénero, a prevalencia de enfermidades como a sida ou as dificultades de acceso á auga. A desnutrición crónica afecta a un 44% da poboación infantil.