Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Illa de San Simón 2011-10-26

O Fondo Galego e os Concellos da Coruña, Vigo e Pontevedra rehabilitan casas en Cabo Verde

- Achegan 48.000 euros a construción de baños e cociñas, reparación de fachadas, saneamento e empedrado de rúas, coa Cámara Municipal de Paúl como parceira

- Este proxecto de cooperación internacional, con enfoque de xénero, actúa sobre a vivenda de 17 familias extremadamente pobres e mellora a salubridade da contorna

A familia de Osvaldo Monteiro poderá rematar a súa casa na localidade caboverdiana de Eito.Illa de San Simón, 26 de outubro de 2011. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais os Concellos da Coruña, Vigo e Pontevedra, socios da entidade municipalista, apoian a rehabilitación de vivendas na localidade caboverdiana de Eito. O proxecto contempla a construción de baños e cociñas, reparación de fachadas, drenaxe de augas, empedrado das rúas e recuperación de espazos verdes, ademais dunha campaña de sensibilización ambiental.

A través do Fondo Galego, que destina 2.000 euros á iniciativa, o Concello da Coruña achega 20.000 euros, mentres que o Concello de Vigo contribúe con 15.000 e o de Pontevedra con 11.000 euros. As beneficiarias directas son 17 familias extremadamente pobres do lugar de Lombo Comprido, oito delas cunha muller á fronte, aínda que toda a veciñanza de Eito gozará dunha contorna máis saudable. As persoas beneficiarias participan na execución dos traballos, baixo a dirección de técnicos da Cámara Municipal de Paúl.

As casas inacabadas e con apenas dous cuartos para familias que adoitan ser numerosas facilitan a aparición de enfermidades e dos problemas de promiscuidade, amais da vulneración da intimidade, nomeadamente das mulleres. Do mesmo xeito, conlevan a acumulación nas rúas de augas residuais, lixos e excretas, favorecendo a aparición de insectos que difunden enfermidades. A instalación de pozos negros ou a canalización das augas sucias e pluviais contribuirán a mellorar a saúde pública.

Ao mesmo tempo, realizaranse con toda a comunidade actividades de sensibilización sobre cuestións hixienico-sanitarias e medioambientais, co fin de reducir á metade a incidencia de enfermidades infectocontaxiosas no prazo dun ano. A mellora do contorno repercutirá asemade sobre a autoestima das e os residentes e animará ás donas á emprender nas súas casas rehabilitadas pequenos negocios de costura ou de elaboración de doces e salgados.

Este proxecto, ademais de entroncar cos Obxectivos do Milenio e coa Declaración dos Dereitos Humanos, enmárcase no Plan de Igualdade e Equidade de Xénero implantado pola Cámara Municipal de Paúl co cofinanciamento do Fondo Galego de Cooperación. A intervención acada este ano a súa segunda fase, despois de que en 2010 se levara a cabo a primeira coa colaboración do Concello de Vigo.