Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Santiago de Compostela 2013-04-30

O Fondo Galego fica integrado por 91 socios tras a primeira Asemblea de 2013

A Executiva presentou o informe de situación 'Somos os que estamos'. O balance económico de 2012 aprobouse por unanimidade e expúxose o plan de acción para o ano en curso.

Na primeira Asemblea xeral do ano expúxose o plan de acción.A primeira Asemblea xeral do Fondo Galego neste 2013 arrincou onte, en Santiago de Compostela, cunhas palabras da presidenta, Teresa París, quen deu lectura ao informe de situación presentado pola Comisión Executiva, que leva por título 'Somos os que estamos: o municipalismo galego e a solidariedade' e no que se reafirma o compromiso coa cooperación internacional impulsada desde o local. A tesoureira do Fondo, Pilar Gallego, presentou a continuación o balance económico de 2012, que resultou aprobado por unanimidade. Comentouse ademais que o convenio de sensibilización que se viña asinando coa Xunta de Galicia será substituído no presente exercicio por unha achega económica inferior.

Ratificáronse a seguir as baixas solicitadas no último ano pola Deputación de Ourense e os Concellos de Cambados, Samos, Monterroso, Melide e Entrimo. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade fica así integrado por un total de 91 administracións socias, 89 Concellos e as Deputacións de A Coruña e Lugo. 

Na asemblea actualizouse asemade o estado dos catro proxectos no Sur que neste intre se executan canda outras tantas ONGD, despois de que a finais de ano rematara a iniciativa de cooperación directa co Instituto de Promoción Humana en Nicaragua e de que se pechara o proxecto en Haití. Antes de que remate o exercicio está previsto lanzar unha nova convocatoria de proxectos dirixida aos axentes de cooperación galegos e emprender algunha outra iniciativa de cooperación directa.

O secretario da entidade, Daniel González Palau, foi o encargado de expoñer tamén o programa de actuación para o exercicio en curso, despois de que o Plan 2012, ano do 15º aniversario do Fondo Galego, concluíra cun récord de 113 actividades organizadas en 71 entidades socias. Entre as novidades previstas no Plan 2013 de fortalecemento, sensibilización e comunicación destacan a exposición 'Imaxes con Fondo', xurdida do concurso de fotografía do mesmo nome, e as presentacións do documental sobre a entidade realizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Tamén haberá obradoiros de radio e Dereitos Humanos con Agareso e de consumo responsable con Amarante.

O programa de voluntariado internacional dirixido a persoal técnico das administracións socias, Vacacións con Traballo, convocará nesta ocasión dúas prazas, en Nicaragua e Cabo Verde. Ao arquipélago africano viaxará asemade o gañador do concurso Imaxes con Fondo para visibilizar os proxectos realizados nunha nova exposición fotográfica. A mostra estrearase o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, nas VIII Xornadas Anuais de Cooperación, que coincidirán coa Visita ao Norte dunha delegación caboverdiana. O espectáculo da Tropa de Trapo 'Antía, Wamba e o regato pequeno' é outra das actividades que se seguirán ofertando, canda os Ciclos de Cine con Fondo e as exposicións 'Influír no global desde o local', 'Os Obxectivos do Milenio' e 'A paz cuestión de Fondo'.