Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-09-10

O Fondo Galego, na revista da Fegamp

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta desde este verán cunha páxina propia na revista da Federación Galega de Municipios e Provincias.

O último número da publicación trimestral Concellos Galegos incorpora a reportaxe 'Fondo Galego 2011-2015: O noso traballo diante da crise'. O texto fai referencia a tres lustros de traballo en rede do municipalismo galego a prol do desenvolvemento humano e acompáñase dunha fotografía da Comisión Executiva.

Esta páxina é unha mostra máis do reforzamento da colaboración entre ambas as dúas entidades, tal e como se deixou ver na VIII Asemblea Xeral da Fegamp. Nesa cita aprobouse por unanimidade unha resolución para promover a solidariedade das administracións locais, pese á crise, e a creación dunha Comisión Permanente de Relacións Exteriores dentro da Federación. A Fegamp está a preparar xa o vindeiro número da súa revista, que volverá contar cunha achega do Fondo Galego de Cooperación.

O Fondo Galego, na revista da Fegamp