Aviso:

[Pechar}


Concellos: | A Coruña | A Estrada | A Guarda | A Laracha | A Pobra de Trives | A Pobra do Caramiñal | A Teixeira | Abegondo | Allariz | Ames | Arteixo | As Pontes | Baiona | Bergondo | Betanzos | Boiro | Brión | Burela | Cabanas | Caldas de Reis | Cambados | Cambre | Carballo | Cartelle | Castrelo de Miño | Castroverde | Cedeira | Corcubión | Covelo | Culleredo | Cuntis | Dumbría | Entrimo | Fene | Ferrol | Gondomar | Lalín | Laxe | Lousame | Lugo | Malpica de Bergantiños | Manzaneda | Melide | Moaña | Mondoñedo | Monforte | Monterroso | Moraña | Mos | Mugardos | Narón | Neda | Nigrán | Noia | O Barco | O Irixo | O Porriño | O Valadouro | Oímbra | Oleiros | Ourense | Outes | Poio | Ponteareas | Pontecesures | Pontedeume | Pontevedra | Porto do Son | Ramirás | Redondela | Rianxo | Ribeira | Riotorto | Rodeiro | Sada | Salceda de Caselas | Samos | San Cibrao das Viñas | Sandiás | Santiago de Compostela | Sarria | Soutomaior | Teo | Tomiño | Triacastela | Valga | Verea | Verín | Vigo | Vilagarcía de Arousa | Vilar de Santos | Vilardevós | Viveiro | Xove | Deputacións: | A Coruña | Lugo |  
Illa de San Simón 2012-01-16

O Fondo Galego propón Ciclos de Cine con Fondo para concienciar sobre as desigualdades

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ten a disposición dos socios o VideoFondo, unha colección de 69 películas e documentais que resultan moi atractivas para dar a coñecer outras realidades e sensibilizar a cidadanía galega. Para tirarlle maior rendemento a este arquivo fílmico, proponse a actividade Ciclos de Cine con Fondo, co fin de concienciar sobre as desigualdades, favorecer unha visión crítica e solidaria e fomentar a interculturalidade.

Cada ciclo consta de varias películas que se agrupan en trece temáticas: migracións e interculturalidade, a loita das mulleres do Sur pola equidade, desigualdades de xénero, ecoloxismo, educación para o desenvolvemento, o colonialismo do continente americano, globalización capitalista e efectos colaterais, historia actual de América Latina, refuxiadas/os políticas/os, pobreza e desigualdades sociais, pacifismo e tolerancia, conflitos actuais e mais dereito á educación.

Tras o visionado de cada filme, realizaríase un debate. Propóñense asemade algunhas accións complementarias e recoméndase organizar canda o ciclo unha das exposicións que oferta o Fondo Galego ou ben unha conferencia con ongd expertas no tema. A formulación completa da actividade pode consultarse aquí.