Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-06-14

O Fondo Galego supervisa sobre o terreo os proxectos financiados en Mozambique

- O presidente da entidade e alcalde de Nigrán coñeceu de primeira man o labor da Fundação Encontro para mellorar a calidade de vida das comunidades locais.
- Persoal técnico desprazouse ata o municipio de Nhamayábue para visitar a construción de pozos cos que evitar mortes polos ataques de crocodilos no río.

A delegación do Fondo Galego compartiu unha xornada coa Fundação Encontro.O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e tamén alcalde de Nigrán, Juan González, áchase desde o pasado luns en Mozambique acompañado de persoal técnico para supervisar os proxectos que a entidade está apoiando na zona e establecer futuras liñas de colaboración. A delegación mantivo diversos encontros institucionais na capital antes de desprazarse ao distrito de Boane para coñecer de primeira man o traballo da Fundação Encontro, un dos principais parceiros da asociación de concellos e deputación no país lusófono que atende a poboación vulnerable.

Alí entrevistáronse co grupo de activistas que se encarga de dinamizar os proxectos e asistiron aos adestramentos da iniciativa que cofinancia o Fondo Galego para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte. Tamén visitaron a Casa do Gaiato, organización “nai” da Fundação Encontro, e o seu centro de acollida de menores, que con escasos recurso atende na actualidade a 180 nenos. Ambas as dúas entidades apostan pola formación en orixe e desde a base, ofrecendo alternativas para que a xente nova non se vexa obrigada a emigrar.

A comitiva do Fondo Galego percorreu asemade distintos centros educativos da man da ONGD Adane-Mozambique en Maputo, onde se reuniu ademais co alcalde da cidade, con representantes do Plan das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid) e da Asociación Nacional de Municipios Mozambicanos, socia clave no país africano coa que a secretaria do Fondo Galego viaxou onte á vila de Nhamayábue. Logo da recepción institucional, Andrea García terá ocasión de visitar o proxecto para a construción de pozos na aldea de Mutarara Velha, cuxo primeiro obxectivo é evitar as mortes que se producen polos ataques de hipopótamos e crocodilos cando a poboación se achega á beira do río Zambeze para abastecerse de auga, unha tarefa realizada principalmente polas mulleres.

Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser un dos máis baixos do planeta, ao ocupar o posto 179 entre os 188 contemplados. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, mentres que a esperanza de vida se sitúa nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita cada día por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional.

Tal é o caso dos municipios e organizacións apoiadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que impulsou ata o momento unha decena de proxectos no país africano con arredor duns 300.000 euros de investimento, canalizando así as inquedanzas dun cento de concellos e deputacións de Galicia para contribuír á construción dun mundo máis xusto. As actuais liñas estratéxicas da entidade apostan por acentuar a colaboración cos países lusófonos, especialmente os da África máis empobrecida.