Aviso:

[Pechar}


Illa de San Simón 2012-02-14

O Fondo mobilizou en 2011 o maior número de actividades da historia entre os seus asociados


As exposicións estiveron entre as activiades máis demandadas polos Concellos socios en 2011.Os Plans de sensibilización que o Fondo Galego convenia e financia co apoio da Xunta de Galicia desde o ano 2003, serven como marco de acción para a extensión de actividades de educación para o desenvolvemento e sensibilización social por todo o país. Co Plan de sensibilización o Fondo Galego permite a cada un dos seus asociados, por pequeno que sexa, xerar un espazo para a Cultura de Dereitos Humanos no seu Concello.

Durante o 2011 foron 62 as entidades socias que recibiron algunha actividade incorporada ao Plan 2011, que agora acabamos de rematar, tendo conseguido as maiores cotas de actividades da historia do Fondo. Exposicións con recursos educativos que visitaron decenas de escolas e IES, actuacións da Tropa de Trapo que desfilaron dende as casas de maiores ata os centros de ensino, as Redes Municipalistas Solidarias, ou as Vacacións con Traballo, implicaron a reprodución da mensaxe do Fondo por Galicia adiante, grazas ao traballo en rede que a Secretaría Técnica propicia cos asociados.

No 2012, co Plan: 15 Anos administrando a solidariedade desde o local, seguiremos esta liña de traballo, incorporando actividades novidosas, como o concurso de fotografía 'Imaxes con Fondo' ou o ciclo de conferencias '15 anos contra a indiferenza'.

A asistencia do persoal das Administracións socias ás vindeiras xuntanzas da RMS é fundamental para o bo funcionamento deste modelo en rede.