Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Pontevedra 2018-02-28

O Plan de Actividades 2018 presentarase ante a Asemblea Xeral

Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego están chamados á xuntanza que se celebrará o 21 de marzo, ás 11 horas, en Santiago de Compostela.

O Plan de Actividades someterase á aprobación dos socios.As políticas e políticos que actúan de enlace co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das deputacións e concellos socios están chamados a participar na videira Asemblea Xeral, onde se presentará o Plan de Actividades para o ano en curso, logo de recoller as achegas realizadas polo persoal técnico nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria. O encontro terá lugar o 21 de marzo, ás 11 horas, en Santiago de Compostela, concretamente na sede da Fegamp (Área Central, Rúa Varsovia, 4C, 6ª planta).

O Plan de Actividades 2018 contempla catro áreas: fortalecemento da asociación, sensibilización da veciñanza fronte as desigualdades, proxectos de cooperación internacional e comunicación. Deste xeito, está previsto continuar captando novas administracións socias e seguir ofertando actividades de educación para o desenvolvemento, como espectáculos musicais e teatrais, co apoio de unidades didácticas como novidade, ou novas exposicións sobre Mozambique, as persoas refuxiadas ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, con innovacións no formato.

En canto á cooperación internacional, afondarase nas intervencións en Mozambique, a onde ademais se enviará unha misión político-técnica. Executaranse asemade os proxectos financiados a ONGD galegas en Guatemala, Honduras e Guinea-Bissau, alén de participar nunha iniciativa europea para consolidar o proceso de paz en Colombia. Tamén se manterá a dobre vertente do programa de voluntariado internacional e cooperación técnica Vacacións con Traballo.

O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, abrirá a xuntanza da Asemblea Xeral expoñendo o informe de situación, tras o que a tesoureira e concelleira en Pontevedra, Anxos Riveiro, presentará o balance económico de 2017. Ratificaranse a continuación as altas de novos concellos socios e a Secretaría explicará tamén tanto o Plan de Actividades 2018 como o proceso de elaboración do IV Plan Director da Cooperación Galega.

Convocatoria e orde do día

O Plan de Actividades 2018 presentarase ante a Asemblea Xeral