Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2015-02-26

O proxecto Causas Comúns retorna de Bissau coa exposición fotográfica 'África, soños e mentiras'

As imaxes de Gabriel Tizón amósanse do 3 ao 20 de marzo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, co apoio do Fondo Galego de Cooperación e do Concello.

O proxecto Causas Comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en Europa como nos países do Sur, iniciará a súa segunda fase en Pontevedra coa exposición 'África, soños e mentiras', que se inaugurará o día 3 de febreiro ás 19 horas. As fotografías de Gabriel Tizón amosaranse na sala de exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais do edificio da Facultade de Belas Artes ata o 19 de marzo, de 17 a 21 horas, para despois percorrer distintos centros sociais e de ensino. A partir do verán, a mostra visitará outras administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A asociación municipalista e o Concello de Pontevedra cofinancian o proxecto Causas Comúns, que arrincaba a comezos de ano en Guinea Bissau coa xira da exposición 'Europa, realidade dun soño' por diferentes aldeas, en colaboración coa ONG Ecas-D. O obxectivo era dar a coñecer entre o pobo africano unha Europa descoñecida, chea de dificultades económicas e sociais, para visibilizar os obstáculos que se poden atopar se deciden emigrar.

Alén das correspondentes charlas de presentación, en moitos casos dirixidas a mocidade, Gabriel Tizón e a traballadora social Rocío Botana desenvolveron durante a súa estadía de tres semanas en Guinea Bissau outras actividades no marco de Causas Comúns, como formacións para fotógrafos locais cunha mirada comprometida ou obradoiros para a elaboración de proxectos dirixidos ás asociacións que buscan dar resposta ás necesidades da zona.

O obxectivo de Causas Comúns é informar e sensibilizar a través da fotografía como idioma común, tanto ao pobo galego como ao de Guinea Bissau, do cada vez máis evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. A vivenda, o traballo, a comida, a xustiza… Son xa artigos de luxo, non só nos países empobrecidos.

Nenos soldado no Salón do Libro
O paso de Causas Comúns polo territorio africano permitiu tomar contacto con Momar Badiane, artista do barrio mariñeiro Yoff Tonghor, preto da capital de Senegal. A súa obra darase a coñecer no Salón do Libro, cunha selección de debuxos de denuncia e reflexión sobre a dramática situación dos nenos soldado, que afecta a milleiros de rapazas e rapaces no continente africano. A exposición amosarase no Auditorio de Pontevedra entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo.

Vídeo sobre os debuxos de nenos soldado de Momar Badiane.
Memoria da primeira fase do proxecto en Guinea Bissau.