Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2015-03-27

O proxecto fotográfico Causas Comúns preséntase en Oleiros, Pontevedra e Compostela

- Un representante rexional das ONGD de Guinea Bissau e o fotógrafo Gabriel Tizón expoñen as actividades realizadas no país africano a prol dos Dereitos Humanos.
- A iniciativa financiada polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Pontevedra materialízase en senllas exposicións que xiran por Galicia e Bissau.

As presentacións do proxecto Causas Comúns comezaron no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).Tras unha primeira fase en Guinea Bissau, preséntase agora en Galicia o proxecto fotográfico Causas Comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. O secretario executivo da Plataforma de ONGD da rexión de Bafatá, Boubakar Djalo, o fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón e a traballadora social Rocío Botana explicaron o pasado mércores en Oleiros os resultados da iniciativa, cofinanciada polo Fondo Galego de Cooperación e o Concello de Pontevedra. A presentación na Cidade do Lérez terá lugar o luns 30 de marzo ás 18 horas na Casa das Campás, mentres que en Santiago de Compostela será o martes 31, ás 13 horas na sede da Fegamp.

Causas Comúns botaba a andar a comezos de ano en Guinea Bissau coa exposición 'Europa, realidade dun soño', que segue a xirar por diferentes aldeas para visibilizar unha Europa descoñecida, con dificultades económicas e sociais, a fin de amosar os obstáculos que poden atoparse á hora de emigrar, xa que desde as costas guineanas saen moitos dos caiucos q chegan a Canarias. Alén das correspondentes charlas, Gabriel Tizón e Rocío Botana desenvolveron durante tres semanas actividades como formacións para fotógrafos locais comprometidos ou obradoiros con asociacións para a elaboración de proxectos.

O obxectivo de Causas Comúns é informar e sensibilizar a través da fotografía como idioma común, tanto ao pobo galego como ao guineano, sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos en África e en Europa, pois non só hai dificultades para acceder á vivenda, o traballo, a comida ou a xustiza nos países empobrecidos. O proxecto subliña asemade a traxedia política e humanitaria que se vive nas fronteiras europeas.

A segunda fase da iniciativa arrincaba en Galicia coa inauguración da mostra 'África, soños e mentiras', que ata finais de mes pode contemplarse no Concello de Pontevedra e que despois percorrerá distintos centros sociais e de ensino, para logo visitar outras administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Mañá sábado será ademais o último día para ver no Salón do Libro os debuxos do senegalés Momar Badiane, cos que denuncia a dramática situación dos nenos soldado.

Memoria da primeira fase do proxecto en Guinea Bissau.