|
fondogalego.org • info(arroba)igadi.org • telf. 698 156 127 • © 2007-2012 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Relacións cos medios: 616 145 077 / comunicacion(arroba)fondogalego.org |
|||||
|
|
|
![]() |
![]() |
||
|
|
|||||
Aviso:
[Pechar}
Persoal técnico e político das Administracións socias do Fondo Galego reuniuse para repasar as actividades de sensibilización e o estado dos proxectos no Sur
Esta mañá reuniuse en Santiago de Compostela a Rede Municipalista Solidaria integrada polo persoal técnico delegado das relación co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das Administracións socias. No transcurso da xuntanza, á que tamén asistiron varias representantes políticas, presentouse o proxecto europeo 'Redes para o desenvolvemento', onde o Fondo Galego asesora a Portugal e Alemaña na promoción das redes de cooperación descentralizada.
A presidenta do Fondo Galego de Cooperación, Teresa París, foi a encargada de abrir o encontro. O responsable da Secretaría Técnica, Daniel González Palau, realizou a continuación un repaso das actividades incluídas no Plan de Sensibilización correspondente ao ano que agora remata. Estas iniciativas van desde exposicións e contacontos ata tres citas cos grandes partidos políticos que se organizarán en próximas datas, pasando polo programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo. As e os presentes fixeron un balance conxunto do exercicio e propuxeron novas ideas para o 2012, ano no que o Fondo Galego de Cooperación celebrará o seu XV aniversario.
A técnica de Proxectos, Andrea García Corzo, ofreceu asemade información actualizada sobre as iniciativas que nestes intres se apoian en Cabo Verde, Nicaragua e Haití. Tamén se revisaron as actuacións do departamento de Comunicación e animouse aos Concellos e Deputacións a visibilizar o labor do Fondo Galego con accións tan sinxelas como incorporar un banner no web institucional ou interactuar na páxina de Facebook.