Aviso:

[Pechar}


Baiona 2015-01-12

Perspectivas arredor da nova axenda internacional do desenvolvemento

Un vídeo recolle as opinións das expertas e expertos que participaron nas Xornadas 'Os Obxectivos do Milenio, fin e principios' sobre o proceso post 2015.

David Llistar, fundador do Observatorio da Débeda na Globalización; Marta Pedrajas, asesora do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación; a escritora María Reimóndez, fundadora da ONGD Implicadas no Desenvolvemento, e mais o xefe da Oficina do Programa Mundial de Alimentos da ONU en Madrid, Antonio Salort, fan balance dos ODM e valoran o proceso que se encamiña cara os próximos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible neste vídeo.

Na canle do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Youtube está pendurada ademais a presentación 'Os ODM e o proceso post 2015 desde o municipalismo brasileiro e latinoamericano', elaborada por Tatiane de Jesus, asesora da Confederaçao Nacional dos Municípios Brasileiros, que por problemas técnicos non puído participar nas IX Xornadas de Cooperación por videoconferencia desde Brasília.

Quen si estivo tamén presente no encontro organizado en Vigo o pasado 10 de decembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos, foi Kate Shea Baird, do Observatorio global da democracia local e a descentralización (GOLD) da Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais. As súas impresións e as dos demais relatorios recóllense neste artigo de Galicia Confidencial.

Asemade, o streaming das intervencións nas Xornadas '#Alén2015: Os Obxectivos do Milenio, fin e principios', celebadas na Casa Galega da Cultura, está dispoñible online. A canle do Fondo Galego en Ivoox recolle ademais os audios das distintas mesas de debate. Tamén se pode acceder a un resumo en Twitter a través do hashtag #XornadasFondo14.

Perspectivas arredor da nova axenda internacional do desenvolvemento