Aviso:

[Pechar}


Ponteareas 2016-10-19

Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Aportará  ao ano 1.734 euros para proxectos de cooperación e actos de sensibilización por toda Galicia.

O Pleno de Ponteareas aprobou a adhesión ao Fondo Galego.Ponteareas formaliza o seu ingreso no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, rede na que se integran preto de 90 municipios e dúas deputacións que concentran aquí os seus esforzos a prol da cooperación internacional. Tanto o alcalde da vila, Xosé Represas, coma o concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso, destacaron que esta adhesión se encadra nas actuacións municipais que teñen como denominador común a igualdade e a solidariedade.

En base á súa poboación, Ponteareas vai achegar ao ano una cota anual de 1.734 euros, que serán investidos tanto en accións de cooperación internacional como en actividades de sensibilización en Galicia. A adhesión acordouse no pleno de outubro e a ela sumaranse outras accións, xa sexan por iniciativa do Goberno como en colaboración con outras entidades.

Represas apuntou que "o Concello volve a sumarse a este tipo de iniciativas" e que "a aposta polas políticas sociais que demostra o Goberno municipal amplíase coa nosa integración no Fondo Galego de Cooperación", engadiu.

Os concellos que se integran na entidade teñen acceso a actividades coma contacontos, exposicións ou concertos, que serven para promover a defensa dos dereitos humanos. No referente ás accións nos países do Sur, o Fondo Galego vén de apoiar un proxecto a favor da saúde infantil e materna en Mozambique ou a reconstrución dun centro sanitario danado polas inundacións do outono pasado nos campamentos saharauís, entre outras iniciativas.

Ponteareas intégrase no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade