Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 1134.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 229.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 165.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 576.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 169.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 136.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/m9evdlybvf9c/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 24.

[Pechar}


Cambados 2019-10-24

Protexer a vida submarina xera beneficios a todos os niveis

Na caboverdiana Illa do Maio dotouse a 60 familias de cuarto de baño. FOTO: Rober AmadoOs océanos cobren as tres cuartas partes da superficie do noso planeta, no que máis de tres mil millóns de persoas dependen da biodiversidade mariña e costeira para o seu sustento. A pesca emprega directa ou indirectamente a máis de 200 millóns de persoas en todo o mundo e os mares absorben arredor do 30% do dióxido de carbono producido pola poboación, amortecendo os impactos do quecemento global. Son datos de Nacións Unidas que traemos a colación no Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento, data na que cómpre facer especial fincapé sobre a Axenda 2030 que os estados membros da ONU se comprometeron a materializar.

Esta folla de ruta contempla 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que abarcan desde a loita contra a fame e o acceso á saúde e a educación, ata a equidade de xénero ou a protección do planeta. Neste último grupo encádrase o ODS número 14, que avoga por "conservar e utilizar de maneira sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños". Un mandato que en Galicia, con máis de 70 municipios costeiros, non podemos ignorar.

O ODS 14 pon de relevo que a auga do mar se ve afectada pola contaminación producida en terra, polo que cómpre non só evitala senón tamén restaurar os ecosistemas mariños. Ao mesmo tempo, débese regular a pesca en base a criterios científicos, así como acabar con prácticas ilegais e destrutivas, un proceso no que hai que ter en conta a valía das embarcacións artesanais. Ao tempo, convén protexer as zonas máis sensibles.

As administracións locais poden tomar medidas para contribuír a algunhas destas metas, por exemplo mellorando os seus sistemas de saneamento, como o Concello de Cambados está a facer nos últimos anos. A Ría de Arousa non é só un prezado espazo natural, senón tamén unha fonte de alimento e un valiosos atractivo cultural e turístico, tal e como evidencian iniciativas como Guimatur, un proxecto da asociación Mulleres do Mar de Cambados baseado en visitas guiadas ao porto e á actividade marisqueira.

O do saneamento é un reto compartido cos municipios dos países menos adiantados, onde Cambados colabora como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Esta rede, integrada por un cento de concellos e deputacións, ten apoiado proxectos desta índole en Perú, Nicaragua, Guatemala e, sobre todo, Cabo Verde, mesmo coa instalación de baños nas casas e formación sobre prácticas hixiénicas. Conseguiuse así mellorar a calidade de vida da veciñanza e paliar a transmisión de enfermidades como a diarrea ou o cólera.

A conservación e o uso sustentable dos mares é de importancia capital dada a súa "contribución á erradicación da pobreza, o desenvolvemento económico sostido, a seguridade alimentaria, a creación de medios de vida sostibles e o traballo decente, así como á protección da diversidade biolóxica e o medio mariño e as medidas para facer fronte aos efectos do cambio climático", recoñece a o documento 'O futuro que queremos' resultante da cimeira internacional Río+20. Nos distintos niveis de goberno, pero tamén en cada unha e cada un de nós, está achegar o noso gran de area para que así sexa.

Tino Cordal
Tenente de alcalde de Cambados

*Artigo de opinión publicado en Praza Pública con motivo do Mundial da Información sobre o Desenvolvemento

Protexer a vida submarina xera beneficios a todos os niveis