Aviso:

  • strict warning: Only variables should be passed by reference in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/date/date_api.module on line 866.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_handler_field::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of content_handler_field::element_type() should be compatible with views_handler_field::element_type($none_supported = false, $default_empty = false, $inline = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/cck/includes/views/handlers/content_handler_field.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::query() should be compatible with views_handler::query($group_by = false) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_query::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit($form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_query.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_row.inc on line 0.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/views.module on line 1113.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /home/nghptiou/public_html/web/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

[Pechar}


Baiona 2014-01-12

Rematan os obradoiros con Agareso para formar en valores a través da radio e a música

Alumnado, maiores ou persoas con discapacidade traballarons os Obxectivos do Milenio e os Dereitos Humanos a través da comunicación para o desenvolvemento en dez concellos socios do Fondo Galego durante os últimos tres meses.

 
Formar en valores a través da radio e a música era o obxectivo dos obradoiros realizados en dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Seis integrantes da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) impartiron entre o 10 de outubro e o 10 de xaneiro esta actividade de sensibilización, que contou co financiamento da Xunta de Galicia. Os Dereitos Humanos e os Obxectivos do Milenio foron algunhas das temáticas abordadas nos programas realizados con rapazada, maiores ou persoas con discapacidade, que ao tempo traballaron as habilidades de participación a través da comunicación para o desenvolvemento.

A actividade estreouse na Estrada cun grupo persoas adultas con discapacidade intelectual nas instalacións da Asociación Galega das Artes. Asistentes aos talleres ocupacionais e artísticos que desenvolve o Concello no centro escola Togariños gravaron un faladoiro onde debaten sobre a igualdade de xénero e a utilidade da arteterapia

Escoita o faladoiro sobre igualdade e arteterapia

Usuarias e usuarios da asociación Ambar das persoas con diversidade funcional acudiron a outro dos obradoiros impartidos por Agareso. Perante os micrófonos de Radio Boiro, reflexionaron sobre a discapacidade no mundo.

Escoita as reflexións sobre a discapacidade

'Ribeira nas ondas' é o título do espazo realizado no Porriño cun grupo de estudantes de 1º da ESO do CPI da Ribeira, en Torneiros, que reflexionaron sobre o dereito á educación e o ODM 2: acadar o ensino primario universal. As e os asistentes mesmo entrevistaron a orientadora do centro, Eloísa Teijeira, con quen trataron cuestións coma o absentismo escolar.

Escoita 'Ribeira nas ondas'

En Redondela, o obradoiro radiofónico realizouse no IES Mendiño, en Cesantes. O programa final gravouse nas instalacións da radio municipal baixo o título 'Xuntos podemos' coincidindo co 25 de novembro, Día internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres. A violencia de xénero, pero tamén o racismo ou a pobreza, no Norte e no Sur, centraron o labor do alumnado.

Escoita 'Xuntos podemos'

Rapazas e rapaces de dez anos traballaron en Oleiros arredor do ODM 7: garantir a sostibilidade do medio ambiente. Despois das sesións más teóricas, o grupo gravou unha píldora na que saudaron aos oíntes e explicaron os motivos polos que estaban no obradorio. Tamén prepararon cuñas promocionais e un microespazo onde vincularon cada un dos Obxectivos do Milenio a unha canción.

Escoita as presentacións
Escoita a cuña a prol do medio ambiente
Escoita o microespazo musical sobre os ODM


O obradoiro impartido no Concello de Abegondo tivo como tema principal o ODM 4: reducir a mortalidade infantil. Alumnado do IES de Viós traballou tanto sobre esta cuestión como sobre a Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. As e os estudantes prepararon o guión e gravaron un programa que deron en chamar 'Para poder medrar'.

Escoita 'Para poder medrar'

 
'Sombras que xa son esperanzas' foi o título elixido para o espazo radiofónico realizado no centro sociocultural Uxío Novoneyra de Lugo por un grupo de mulleres, tanto da cidade como doutras autonomías e mesmo de países latinoamericanos. As participantes presentaron o ODM 3: promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller. Tras entrevistar á concelleira de Benestar, Ana Abelleira, e á presidenta da asociación Enriqueta Otero, Aurora Antúnez, o programa pechouse cun apartado musical.

Escoita 'Sombras que xa son esperanzas'

 
Usuarias e usuarios da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) protagonizaron a actividade no Concello de Cambre, coa sanidade comunitaria como tema a tratar. As e os asistentes traballaron sobre diferentes documentos para crear 'O círculo de APEM', un faladoiro no que se expresan a súa opinión sobre diferentes aspectos relacionados coa enfermidade mental.

Escoita 'O círculo de APEM'

Persoas con discapacidade intelectual da asociación Puzzle e maiores que habitualmente colaboran en Radio Allariz acudiron ao obradoiro impartido na vila ourensá. O resultado foi 'Puzzle na Ziralla', unha mestura dos dous programas que cadanseu colectivo realiza na emisora local. A migración, con experiencias vividas en primeira persoa, foi a temática central do espazo, aínda que tamén se abordaron outras cuestións sociais a través de entrevistas, música, poemas, gastronomía, etc.

Escoita 'Puzzle na Ziralla'


Os obradoiros de radio para a formación en valores do Fondo Galego e Agareso pecháronse no Concello de Sada. Estudantes do IES Isaac Díaz Pardo traballaron o ODM 3: promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller. Durante o obradoiro xerouse un debate en entorno a este tema e analizouse a importancia da música na transmisión de valores machistas ou de igualdade. O grupo gravou unha píldora publicitaria sobre a existencia dun medicamento que cura o machismo e tamén recolleu nun microespazo as cancións máis representativas do homismo e aquelas que son abandeiradas na loita pola defensa da igualdade.

Escoita a cuña contra o machismo
Escoita o microespazo musical sobre o ODM 3