Aviso:

[Pechar}


Pontevedra 2016-07-06

Resolución de prazas para o seminario en Mozambique

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na reunión mantida o pasado xoves, 30 de xuño, en relación ao encontro que terá lugar en Mozambique o próximo mes de setembro entre políticas locais galegas e daquel país, e levando en conta a documentación presentada polas candidatas, resolveu que fican seleccionadas para participar:

  • Ana María González Abelleira, do Concello de Lugo.
  • Ana Belén Breijo Gundín, do Concello de San Sadurniño.

Como suplentes en caso de que algunha das seleccionadas titulares renuncie a acudir ao encontro, e por esta orde, fican designadas:

  • María Ortega Iñarrea, do Concello de Moaña.
  • María Begoña Calviño Dorado, do Concello de Bergondo.

En breve cominicaránselles ás seleccionadas as datas da viaxe, que en todo caso terá lugar na segunda quincena de setembro. Para calquera dúbida relacionada coa viaxe ou o encontro, podeden dirixirse a comunicacion@fondogalego.org.

Resolución de prazas para o seminario en Mozambique