Aviso:

[Pechar}


2011-04-14

Resolución do Fondo Galego en relación á convocatoria de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento

A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en sesión celebrada o 8 de abril do 2011 na sede da Secretaría Técnica, na Illa de San Simón (Redondela).

1. Levando en conta os axustes nos orzamentos públicos, que están a supor unha merma económica notable nas Administracións locais.

2. Tendo en consideración que durante o presente ano terán lugar eleccións locais e que, atendendo á experiencia do Fondo Galego, isto conleva dificultades e atrasos na xestión da convocatoria e na consecución de financiamentos complementarios.

Adóptase a seguinte

RESOLUCIÓN

1. Non realizar a convocatoria aberta de 2011 para o financiamento de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.

2. Integrar os recursos económicos de 2011 derivados das achegas das entidades asociadas na convocatoria aberta de 2012.

E para que así conste aos efectos oportunos, asinamos a presente resolución na Illa de San Simón (Redondela), a 8 de abril de 2011.